Cal é o estado de saúde da túa empresa na rede? Sesión de auditoría con Arela Comunicación Sostible
Moitas empresas non teñen páxina web ou non a teñen actualizada. Son frecuentes as dúbidas sobre que tipo de páxina necesitan e que diñeiro deben investir. Tamén é probable que teñan redes sociais pero que non teñan tempo para xestionalas nin saiban como chegar aos seus clientes a través delas.
Coñecer e entender as ferramentas básicas de marketingque unha empresa local precisa é algo importante para ter unha presencia profesionalizada en Internet e que as accións que se realice sexan capaces de atraer clientes ao negocio.
Neste sentido, Arela ten pensado unha sesión enfocada a pequenas empresas que teñen os seus clientes nun entorno local ou de proximidade e que non teñen moito tempo/recursos para adicar ao marketing e á comunicación. Así, analizarase unha a unha a situación das empresas participantes. Comentaranse e discutiranse os diferentes casos. A idea é a aprendizaxe colaborativa con exemplos prácticos e casos reais.
PROGRAMA
> Presenza de marca profesional. Logotipos, correos electrónicos, materiais gráficos…
> A páxina web. Necesito unha? Canto debo investir?
> A ficha de Google. Google My Business, tan importante ou máis que a web.
> Redes Sociais. Cales debo empregar e como?
> Creación de contidos. Recursos para alimentar as redes sociais.
> Cando o básico está cuberto, que outras opcións hai? Estratexias e ferramentas para atraer clientes.
FORMATO E DURACIÓN
Esta auditoría consiste nunha única sesión de 3 horas de duración cun grupo de entre 5 e 10 participantes. Os interesados poderán apuntarse no horario que consideren máis axeitado.
LUGAR
Cee, A Coruña
Mércores 25 de setembro de 2019
Horario: 18h a 21h
Sábado 5 de outubro de 2019
Horario: 10h a 13h
Podes reservar a túa praza premendo aquí.