Venres. 05.06.2020
El tiempo

Un caldo de gloria e uns poemas escolares polo Día de Rosalía

Alumnado de Carnota celebrando o Día de Rosalía
Alumnado de Carnota celebrando o Día de Rosalía
Un caldo de gloria e uns poemas escolares polo Día de Rosalía

En Galicia aínda hai só unha Rosalía. Cada 24 de febreiro, Galicia celebra o Día de Rosalía de Castro, conmemorando o seu nacemento. E os centros de ensino volven, como cada actividade cultural galega, os grandes promotores de recordar esta data. Por Vimianzo, Carnota, Fisterra, Zas, Baio… artellaron accións relacionadas coa poeta galega.

As Amas de Casa, protagonistas en Mazaricos

Caldo de gloria do Bolo do Pote polo Dia de Rosalia

Non foron os nenxs os encargados de lembrar esta data. Foron as Amas de Casa de Mazaricos as que se trasladaron á Casa de Rosalía para elaborar, xunto coa escritora Ledicia Costas, e da man da Fundación Rosalía de Castro, o Caldo de Gloria, o prato emblemático da gastronomía galega.

Pero non só fala do caldo, tamén dos bolos do pote: “Fixen un caldo de groria/que me soupo que la mar,/ fixen un bolo do pote/ que era cousa de envidiar” ou tamén “canta meniña/na beira da fonde/canta dareiche/boliños do pote”.

Non falou o alcalde mazaricán, Juan José Blanco Riveiro, que afirmou que “é o resultado dun longo traballo de recuperación deste manxar, imposible de atopar de xeito regular na hostalería galega pero tan representativo da nosa historia”. Desde a Asociación de Amas de Casa din sentir “orgullo” por “visibilizar un alimento tradicional e que estivo a piques de desaparecer”.
A asociación aproveitou tamén a cita para visibilizar a XXI edición da Festa do Bolo do Pote que será os días 9 e 10 de marzo na Picota.

Amas de Casa de Mazaricos fixeron o Bolo do Pote na Casa de Rosalia

Carnota une lingua materna e Rosalía

Ruas de Carnota con poemas de Rosalia

Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna e máis do Día de Rosalía, os centros de ensino de Carnota fixeron varias accións para visibilizar a obra da autora, pór en valor o idioma propio e favorecer a construción dunha imaxe positiva da lingua e da cultura galegas, constitúen os obxectivos principais desta iniciativa.

Durante esta semana, os espazos públicos de Carnota locen engalanados cun conxunto de poemas e versos ilustrados da autora, elaborados polo alumnado dos centros de educación infantil e primaria do municipio mediante a aplicación de diversas técnicas plásticas.

Complementan a iniciativa outros actos simbólicos como a lectura pública de textos de Rosalía por parte da rapazada e a organización dun photocall dedicado á autora.

Lectura polo dia de Rosalia en Carnota

3 actos en Fisterra

Dia de Rosalia en Fisterra

Triple acto do Concello de Fisterra arredor do Día de Rosalía: unha actuación de títeres para os centros escolares, unha charla coloquio sobre o feminismo e unha contada musicada con Rilo e Penadique.

Dia de Rosalia en Fisterra 3

Do cole aos comercios en Zas, en clave de muller

Poema_CPI ZAS de Rosalia

A partir deste xoves ou venres pódense ver distintos poemas escritos polos alumnos e alumnas do CPI de Zas nos que versionaron algúns dos seus poemas para darlle visibilidade á figura da muller. Un xeito de ir preparando o Día da Muller, relacionando ambas datas con gran acerto.

IES de Baio

O alumnado do IES Maximino Romero de Lema fixeron esta xoia, en múltiples idiomas, cun poema de Rosalía.

comentarios