Xoves. 09.12.2021
El tiempo

O Camiño dos Faros creceu un 33% no 2021 a pesar do esquecemento das administracións

Flecha verde do Camino dos Faros
O Camiño dos Faros creceu un 33% no 2021 a pesar do esquecemento das administracións

Incomprensible a desidia das administracións para aproveitar un produtor turístico absolutamente redondo. Continúa paralizada a homologación como Ruta PR, e cada vez parece máis evidente que é pola intención da Xunta de crear a súa Senda dos Faros, como onte mesmo recoñecía Feijoo en Carnota. Un produto moi máis complicado de pechar con 1.315 quilómetros repartidos en 56 etapas, que de seguro tarda lustros en ser unha realidade.

Desde a Asociación O Camiño dos Faros, que desiste de pelexar máis pola homologación malia ser unha das mellores rutas de Europa, seguen poñendo en valor a nosa comarca, e facendo contas, recoñecendo que houbo un incremento de visitantes do 33% respecto ao 2020.

Un dato extraído das visitas á web do Camiño, que dá conta de que este ano tamén houbo visitantes estranxeiros, sobre todo chegados dende Italia.

Foi de feito un dos grandes protagonistas deste verán

”Unha ruta que, logo de 9 anos, é coñecida en toda Europa e podes percorrer sen cruzarche apenas con xente”.

Tramo pechado

A entidade lembra que continúa pechado o tramo da segunda etapa do Camiño dos Faros entre Niñóns (Km 0) e Praia da Barda (Km 4,5), polo incendio da semana pasada.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios