Sábado. 18.09.2021
El tiempo

O Hotel Faro Lariño, un exemplo da dinamización do sector hoteleiro para toda Galicia

Feijoo no Faro Larino
O Hotel Faro Lariño, un exemplo da dinamización do sector hoteleiro para toda Galicia

Tras algo máis dun mes aberto, e cheo, o Faro Lariño viviu onte a inauguración oficial como establecimento hoteleiro. Fíxoo coa visita do presidente galego Alberto Núñez Feijóo, que quixo valorar o esforzo do empresariado galego para poñer Galicia no alto do mapa do “turismo seguro, tranquilo e de calidade”.

Feijoo valora a actividade económica xerada polo sector, e boa conta diso a dá o Faro carnotán, que gracias ao seu promotor Jesús Picallo converteu lugar baleiro nun novo referente, tralo Semáforo, da posta en valor destes simbólicos edificios.

”O proxecto de converter o Faro de Lariño nun hotel singular supón “un exemplo máis dese turismo de calidade polo que aposta Galicia” e que, ademais, pon en valor un recurso tan importante e tan icónico como son os faros, sinalou Feijoo.

Feijoo valorou este gran verán para o sector: “En plena pandemia temos o terceiro mellor mes de xullo desde que hai rexistros turísticos en Galicia”, “incrementamos un 81% o número de viaxeiros con respecto ao pasado ano e un 73% o número de pernoitas”.

Veremos se estes exemplos serven para poñer en valor outros Faros esquecidos, como Touriñán ou o propio faro fisterrán, pero dende a Xunta parece evidente que esa ten que ser unha aposta do sector privado..

Feijoo volveu nomear a “Ruta dos Faros”, ese produto turístico de 1.315 quilómetros repartidos en 56 etapas, que está provocando a paralización da homologación do Camiño dos Faros.

Feijoo con Picallo e Moma no Faro Larino
Jesús Picallo, Feijoo e o alcalde carnotán Juan Manuel Saborido "Moma"

comentarios