Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros, unha das mellores rutas de Europa segundo a ERA

O Camino dos Faros poderia ser xa LQT
O Camino dos Faros podería ser xa LQT segundo a Asociación Europea de Sendeirismo
O Camiño dos Faros, unha das mellores rutas de Europa segundo a ERA
A European Ramble Asocciation (ERA), a Asociación Europea de Sendeirismo, vén de enviarlle un comunicado á Asociación Camiño dos Faros tremendamente simbólico.

A entidade, ademais de valorar o traballo do grupo promotor da Asociación, recoñece que o “Camiño dos Faros ten potencial para ser realmente Leading Quality Trail - Best of Europ”, é dicir, unha das mellores rutas de sendeirismo Europa.

Pero por outra banda, asegura que non pode ir en contra das decisións dos seus propios membros, e vistos “os malosentendidos” coa Federación Galega de Montañismo, a entidade europea non se uqere meter no medio.

É dicir, a ERA quere darlle o distintivo LQT aoi Camiño dos Faros pola súa calidade (só hai 19 en toda Europa e ningún en España), pero non pode ir contra as reglas locais.

Unha verdadeira mágoa, que se cumpra o que lamentaban os trasn@s, que “o Camiño dos Faros non se homologa polo bloqueo da Xunta e a Federación Galega de Montañismo”, que intentan sacar adiante a Senda dos Faros por toda Galicia, menosprezando o valor deste percorrido xa asentado.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios