Luns. 07.10.2024
El tiempo

Carballo abre novas sendas a pé e en bici

Carballo abre novas sendas a pé e en bici

Se dicimos que o sendeirismo ten que ser un dos nosos mellores produtos turísticos, é porque os promotores decántanse de que o visitante os demanda. E se falamos de rutas en bici, xa mellor non falar. Cantas autocaravanas cargadas con bicicletas pasan ao longo do ano pola Costa da Morte?

Pois un dos que parece que se decata é o Concello de Carballo, que vén de presentar dúas campañas:

  • III Primavera en ruta, que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova, e que pranetxa unha serie de roteiros de sendeirismo dened este 25 de marzo ata o mes de xuño, e que visitará zonas como as de Coristanco, Malpica, Zas, Trazo ou Cabana.
  • "II Coñece o teu Concello": Unha campaña organizada polo Club Ciclista Carballo para poñer en valor o patrimonio cultural e artístico" do municipio, así como fomentar o ciclismo.

Roteiros da Primavera en Ruta

Todas as saídas serán arredor das 9.00 horas:

  • Camiños de Aldemunde: 25 de marzo. De sete quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo, saíndo do Toural e terminando no dolmen de Pedra Moura.
  • O son do Anllóns: 1 de abril. De 21 quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo e Coristanco, saíndo de Carballo e terminando en Corcoesto.
  • Coristanco histórico: 15 de abril. De 20 quilómetros de lonxitude, transcorre por Coristanco, saíndo de Seavia e terminando na Férveda de Rabiños.
  • Terras Altas de Soneira: 29 de abril. De 19 quilómetros, transcorre polo Concello de Zas, saíndo de Pico de Meda e terminando en Follente.
  • A forza do río Chonia: 13 de maio. De 22 quilómetros, transcorre polo Concello de Trazo, saíndo de Castrillón e terminando en Portomeiro.
  • Ruta das Mámoas: 27 de maio. De 16 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Cabana, sendo a saída na Piolla e rematando na Penela.
  • A Costa agreste de Cerqueda e Cambre: 3 de xuño. De 17 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Malpica e é a única ruta costeira e circular, con saída e chegada en Cambre.
  • Senda das Capelas: 10 de xuño. De 15 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello da Laracha, sendo a saída en Santa Margarida e rematando no Igrexario.

Rutas en bici

Todas as rutas son en sábado a partires das 16.00 horas con saída na Praza do Concello, aínda que a organización recomenda estar un pouco máis cedo no punto de encontro.

  • A Ruta 1, de 19 quilómetros e de baixa dificultade, transcorre por Sísamo, Goiáns, Cances e Oza e celébrase o sábado 24 de abril.
  • A Ruta 2, de dificultade media e 19,5 quilómetros, visita Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa o sábado 31 de marzo.
  • A Ruta 3, que ten lugar o sábado 7 de abril, conta con 27 quilómetros de lonxitude, é de dificultade media e transcorre por Ardaña, Rus e Entrecruces.
  • A ruta 4, de 32 quilómetros de lonxitude, dificultade media, celébrase o sábado 28 de abril e realiza un percorrido pola costa: Razo, Lema, Rebordelos, Noicela e Vilela.

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios