Martes. 16.04.2024
El tiempo

Carballo súmase á celebración da semana europea da mobilidade

Carballo súmase á celebración da semana europea da mobilidade
As actividades contan coa colaboracion de varias asociacions de Carballo As actividades contan coa colaboracion de varias asociacions de Carballo Carballo será un dos 2.000 lugares de todo o continente que celebra a semana europea da Mobilidade entre mañá e o 22 de setembro. Ésta será a primeira vez que a vila participe na cita, organizando unha semana con actividades cada día (agás o domingo) para seguir avanzando en materia de mobilidade e, sobre todo, tirar conclusións sobre a situación actual no municipio, "sobre as cousas que funcionan e sobre as que non". Así o explicou onte durante a presentación das actividades a concelleira de Mobilidade - Milagros Lantes - que cre que o principal obxectivo do programa é o de crear "un concello accesible e para todos e todas". Pola súa banda, o Alcalde, Evencio Ferrero, considera que hai que realizar "un esforzo permanente" para mellorar a mobilidade porque nunha vila para todos, tamén gañan todos, "gaña o comercio, gañan as persoas, gañan as familias en comfort e calidade de vida". O programa tentará reflexionar sobre todos os aspectos relacionados coa mobilidade, e para iso o Concello conta coa colaboración da Policía Local, pero tamén, e nomeadamente, con asociacións deste ámbito tanto no concello como na comarca: Un paso máis, Íntegro, a ONCE, o Club Ciclista Monte Neme, a Asociación Deportiva Media Ducia, o Club Ciclista Carballo e os nenos e nenas e nais e pais do Camiño Escolar ou Pedibús dos CEIP Bergantiños e Fogar. Realizaranse actividades, por tanto, para incentivar o uso da bici ou os desprazamentos camiñando, así como para reflexionar sobre os problemas que teñen as persoas con discapacidade visual ou mobilidade reducida para moverse pola vila ou sobre a seguridade viaria. Semana Europea da Mobilidade Programa
  • Venres 16 de setembro. Camiño Escolar. Os nenos e nenas que van camiñando cada día ao cole co Pedibús asistirán a unha merenda a partir das 17:30 horas como unha forma do concello de agradecerlles a súa implicación no proxecto. Ademais, recibirán uns novos triángulos reflectantes para substituír aos chalecos que usan cada día. Logo, a partir das 18:30 horas, o mago Daniel Polo ofrecerá unha actuación, neste caso, para todos os nenos e nenas e veciños e veciñas que queiran asistir. Será no Fórum Carballo.
  • Sábado 17 de setembro. Ruta ciclista. A asociación deportiva Media Ducia anima aos veciños e veciñas a que empreguen a bicicleta nos seus desprazamentos pola vila e convida a que participen nunha pequena ruta con saída ás 16:30 horas na praza do Concello e percorrido ata o paseo do Anllóns e logo ata Bértoa.
  • Luns 19 de setembro. Circuíto de seguridade viaria para ciclistas. A partir das 16 horas a praza do Concello e a rúa Colón acollen un circuíto de seguridade viaria especial para ciclistas no que pode participar calquera que leve unha bici co correspondente casco, nomeadamente nenos e nenas. Se o tempo acompaña o clube Ciclista Carballo, a asociación deportiva Media Ducia e o clube Ciclista Monte Neme realizarán un percorrido dende o concello ata o Rego da Balsa e o CEIP Bergantiños.
  • Martes 20 de setembro. Percorrido para concienciar sobre as barreiras arquitectónicas. Representantes de Un paso máis, Íntegro e a ONCE convidan aos veciños e veciñas a participar nun percorrido no que eles mesmos poderán experimentar o que é desprazarse polo centro de Carballo en cadeira de rodas ou cun anteface no que experimenten a experiencia de reducir a súa capacidade visual. A cita é pola mañá con saída do centro de saúde e percorrido pola rúa Vázquez de Parga ata a Valle Inclán.
  • Mércores 21 de setembro. Xornada de xogos tradicionais. A praza do Concello e a rúa Colón veranse invadidas pola tarde por xogos tradicionais cos que nenos e nenas poderán pasar unha tarde diferente. O obxectivo da cita e sacar aos rapaces e rapazas á rúa para converter o centro nun espazo para xogar e no que sexa posible a convicencia cos adultos. Esta xornada tamén é o Día Europeo sen vítimas da dirección xeral de Tráfico.
  • Xoves 22 de setembro. Foro Voz. A I Semana Europea da Mobilidade de Carballo pecha no Fórum Carballo ás 20:30 horas cunha nova edición do Foro Voz. Será un café coloquio no que unha persoa en cadeira de rodas, unha persoa da ONCE, outra que se desprace habitualmente en bicicleta ao traballo e unha nai ou pai que se desprace habitualmente con carriños de bebé pola vila exporán o que experimentan un día normal nas súas vidas pola cidade.
Novas relacionadas Fonte

Comentarios