Monte Veciñal de Carballo: "É necesario recuperar espazos que lle son propios ás frondosas autóctonas e ao agro"
Este sábado 23 de marzo, a Casa da Cultura de Corcubión acolle unhas máis que interesantes Xornadas sobre Sostibilidade do Mar e o Monte. Xa temos falado cunha das ponentes Rosa Arcos, presidenta de FADEMUR. Hoxe facemos o propio con José Manuel Iglesias, membro da Comunidade de Monte Veciñal de Carballo de Friol, Lugo.
Unha entidade que aproveita o monte de mil xeitos, pois ademais de prantar especies autóctonas, coida unha centenaria rapa das bestas apostando pola raza galega, como fai co porco celta, coas abellas... pero ademais tamén organiza andainas ou roteiros en bici e a cabalo, ten grupo de teatro, fai magostos...
- QPC: Que proxectos tendes en marcha?
O primeiro dos proxectos foi poñer en valor a masa forestal instaurada (Proxecto de Ordención, Certificación forestal). A valorización do recurso micoloxico (Certificación en Ecolóxico polo CRAEGA). Ademais estamos sacando adiante o Proxecto silvopastoral con Cabalo de Pura Raza Galega; o Proxecto silvopastoral con Porco Celta; e a Instalación de apiarios e producción e venta de mel envasado.
Estes proxectos van acompañados por unha parte social (Rapa das bestas, Festa do porco Celta, Festa do Comuneiro…)
- QPC: Os montes de man común son a mellor solución para impulsar o desenvolvemento económico sostible en Galicia?
Desto non me cabe ningunha dúbida, o que necesitamos é ser capaces de dotar as comunidades dos recursos técnicos de xestión integral que facilite a xestión dos proxectos que decidan levar a cabo. Creo que é necesarión incorporar a persoal técnico que os asesore e facilite a toma de decisións. Creo que hai que evitar que se deslige a comunidade da xestión do seu territorio. Deberían enfocarse as iniciativas a crear emprego de calidade no entorno coa finalidade de facer un rural máis vivo.
Temos que ter en conta que o organo de xestión da Comunidade (xunta reitora) non ten a capacidade nin o tempo suficiente para desenrrolar iniciativas, polo que se fai necesario argallar un sistema de xestión integral que garanta o bo funcionamento dos proxectos que se poñan en marcha e que responda ante a comunidade do estado dos mesmos.
- QPC: Son compatibles os montes mancomunados co minifundismo endémico en Galicia?
O montes comunais son ideas para plantexar proxectos que necesiten dunha extensa base territorial, e as que se poderían anexionar parcelas de particulares da contorna do monte. Se somos capaces de converter os montes veciñais no motor dos proxectos, quizais poidamos conseguir que particulares minifundistas se unan a eses proxectos.
- QPC: Como ves o futuro dos montes mancomunados?
Persoalmente creo que o futuro dos montes veciñais e prometedor, eso si, creo que teñen que ser capaces de organizar a xestión do territorio que ocupan, dunha forma técnica. Primeiro e necesario saber e concretar as características do territoria, a partir de aqui analizar o potencial, ver as necesidades da comunidade e finalmente plasmar sobre o monte o proxecto elixido. Para que isto funcione a Comunidade ten que ser parte activa das decisións que se toman, levar un seguemento das mesmas, expoñendo os problemas e argallando as posibles solucions en comunidade. O final tratase de organizarse e facer que os propios comuneiros sexan partícipes desta xestión.
- QPC: Como valoras a creación das brigadas deseucaliptizadoras e a declaración de Concellos libre de Eucaliptos?
Persoalmente valóroas positivamente, creo que é necesario recuperar espacios que lle son propios as frondosas autóctonas e o agro, relegando o eucalipto as zonas onde non son factibles e rentables outras produccións. Nos monte nos que o Eucalipto ocupa unha gran extensión, creo que e necesario plantexar a ordenación do monte que busque a diversidade nas posibles producións e que garantize a sostibilidade económica, medioambiantal e social a partel iguais. Se queremos conseguir desprazar o Eucalipto é necesario facer unha xestión moito máis activa do monte e creo que apostar polo silvopastoralismo, integrando a produción forestal en conbinación con pastoreo de gando sería o ideal.
José Manuel Iglesias, coa rapaza no colo, cun grupo de voluntarios da Comunidade Carballo Vivo de Friol
- QPC: Cales consideras que son os retos máis urxentes para a sostenibilidade do monte e do agro en Galicia?
Pois os retos urxentes pasan por asentar a poboación no rural, pero é dificil se non somos capaces de cambiar o sistema de axudas, e sobretodo se non somos capaces de facilitar e incentivar o comercio de proximidade. A competencia de prezo coa produción intensiva fai moi difícil sacar adiante unha explotación maís familiar e pequena. Creo que sería unha boa idea apostar polo cooperativismo rexional que facilite a venta o consumidor sen perder a esencia dunha produción sostible, familiar, que facilite o asentamento da poboación no rural.
- QPC: Cales son as ausencias administrativas máis acuciantes respecto de a cobertura e apoio cara aos vosos ámbitos de traballo?
Creo que existe un muro moi grande entre administracion e produtor, non se percibe á administración como unha entidade facilitadora nen positiva, senón máis ben ao contrario. Quizais si houbese unha entidade de seguemento dos proxectos que se levan a cabo co ánimo de estudiar as necesidades e apoiar o crecemento destas iniciativas e replicalas noutros lugares resultaría máis produtivo. Cando pos en marcha un proxecto case non queda tempo para ver outras iniciativas similares polo que estaría ben que dende unha entidade de seguemento se asesorara e facilitara o proceso de mellora.
- QPC: Que lles dirían aos mozos que nun futuro teñan ou desexen desenvolver proxectos de vida e traballo no rural galego?
Os rapaces novos, primeiramente que fagan unha análise económica a máis concisa posible, e que se esforcen en ver inicitivas semellantes as que queren poñer en marcha para tentar posibles erros e aprender de xente que xa ten experiencia no tema. E intentar desenvolver un produto de venta ao consumidor final e co maior valor engadido posible.
Novas relacionadas
- Rosa Arcos: “O empredemento feminino está sendo un dos motores da revitalización o rural galego”.
- Corcubión prepara as potentes Xornadas sobre o Mar e o Monte.
Máis novas relacionadas
- Corcubión viviu un importante punto de encontro entre sectores do monte galego.
- Boca de Sapo pon en marcha as súas Aula de natureza nas fincas autóctonas.
- Boca de Sapo prepara novos encontros sobre a xestión do monte e do mar.
- Un ano de acción social, cultural e medioambiental da Asociación Boca de Sapo.
- A caza do raposo, no punto de mira.
- As Brigadas Deseucaliptizadoras de Corcubión rexeneran unha finca municipal.
- Corcubión salvou ás aldeas gracias a outra xestión do bosque.