Unha carta para homenaxear á supervisora da planta de medicina interna do hospital de Cee
Tras 20 anos de profesión e máis dunha década no cargo, recentemente a Consellería de Sanidade decidiu destituir "practicamente dun día para outro" á supervisora da planta de Medicina Interna do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Ante este feito, un dos traballadores do hospital Virxe da Xunqueira de Cee, Daniel Romero Durán, vén de facer un escrito a través do cal quere renderlle homenaxe a esta enfermeira da que destaca que é "considerada por moitos como un referente non só pola súa labor coordiandora se non tamén pola súa gran dedicación, profesionalidade, puntualidade e pola súa total implicación tanto cos seus compañeiros como no coidado do paciente".
Segundo indica este traballador do hospital de Cee, este cese chega despois das eleccións autonómicas celebradas o pasado mes de maio que produciron cambios dentro da Consellería de Sanidade e, en consecuencia, nalgunhas xerencias das diferentes áreas sanitarias. "Dichos cambios no afectan al Equipo Directivo del Área Sanitaria de A Coruña – Cee y uno de los primeros movimientos llevados a cabo tras la ratificación, fue el cese por parte de la dirección de enfermería , de una supervisora del hospital HVX, muy querida y respetada por la gran parte de los trabajadores por su gran labor asistencial", sinala no seu escrito.
COVID
A esta enfermeira tocoulle vivir a época do COVID con aqueles inicio caóticos e de gran incertidume, sen medios,... "y ella, junto con un gran grupo de profesionales, se mantuvo al pie del cañón, asumiendo la difícil tarea de improvisar y gestionar una planta destinada a acoger a los enfermos de COVID asumiendo los riesgos que venían implicitos, animando, ayudando e instruyendo al personal en el manejo de los nuevos procedimientos", indica o compañeiro do hospital Virxe da Xunqueira.
Precisamente a vindeira fin de semana moitos dos seus compañeiros asistirán a unha cea organizada para na súa honra e agradecerlle así todos estes anos de dedicación e bo facer "y así dignificar su salida como la gran profesional que es".
"Debemos reflexionar hacia dónde quieren dirigir la Sanidad y si es más prioritario cuadrar números que la calidad asistencial hacia el paciente. Creo que deberíamos mirarnos el ombligo, reflexionar y pensar si realmente vale todo para mantener la silla caliente", conclúe o escrito.