Venres. 19.04.2024
El tiempo

O castiñeiro mundial de Embaixada.gal para felicitar o Nadal

O castineiro de Nadal de Embaixadagal
O castiñeiro de Nadal de Embaixada.gal, sen e coas bolas chegadas de todo o planeta
O castiñeiro mundial de Embaixada.gal para felicitar o Nadal

Volve por Nadal o comprometido colectivo Embaixada.gal da nosa cabanesa mundial Alejandra Plaza. Dende Alemaña vén de conseguir que ducias de países se unan nun novo proxecto internacional e colectivo: a creación dunha árbore de Nadal intercultural, pero que desta volta sexa un castiñeiro, “unha árbore nosa”, explica Plaza, con bolas chegadas de todas partes do planeta.

Foi así que chegaron máis de 200 bolas, dende Neaño ata Sri Lanka. “Estamos flipando, Galicia chega a todos os recunchos do mundo”, explica a nosa orgullosa anfitriona, pola resposta do alumnado do Wisdom International School de Beruwala en Sri lanka.

Wisdom School de Srilanka con Embaixada.gal

Pero é que ademais de moitas achegas dende países europeos ou americanos, a Costa da Morte, como non podía ser doutro xeito, tamén estivo moi presente. Ademais das achegas dende a radio e a televisión galega, de persoeiras como a zoqueira Elena Ferro ou a música camariñá Belem Tajes, enviaron as súas creacións dende a Agrupación o Fol de Neaño, dende o CPR As Revoltas de Cabana, de Ponteceso Cultura Permanente, a Asociación a Nosa Señora do Faro, ou dende As Pelonas, unhas bravas loitadoras polo cancro tamén de Bergantiños.

Con todo ese material, montaron a árbore de nadal, con bolas, bandas, e agasallos… e un pequeno Apalpador, para darnos as Boas Festas a todo o planeta!

As pelonas. Grandes loitadoras que intentan superar o cancro copia
As Pelonas, as grandes loitadoras contra o cancro, enviaron esta bola

Comentarios