Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mazaricos anula a programación de Nadal debido á situación epidemiolóxica

Datos covid Mazaricos
Mazaricos anula a programación de Nadal debido á situación epidemiolóxica

O Concello de Mazaricos vén de anunciar o pasado día 24 a anulación da programación lúdica de Nadal debido ao empeoramento xeral da situación epidemiolóxica no conxunto do Estado. Co obxectivo de evitar o risco de contaxio no
contexto das datas de Nadal, o Concello toma esta decisión coa saúde da veciñanza en mente.

Como servizo de conciliación, manterase unicamente o campamento de Nadal nas datas previamente indicadas e no horario habitual (27, 28, 29 e 30 de decembro, e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro, de 9.30 a 14.30h. O Concello informará puntualmente de calquera modificación no emprazamento ou horario do campamento.

En Mazaricos, segundo datos do Sergas, rexístrase unha incidencia acumulada para o concello superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes con 17 novos casos diagnosticados na última semana. A dúas semanas, a incidencia superio a 500, con 22 casos.

Comentarios