Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Cinco centros de ensino e un camp de surf, únicos participantes na Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA

Limpeza simultanea de PRAIAS ADEGA 2023 1
Cinco centros de ensino e un camp de surf, únicos participantes na Limpeza Simultánea de Praias de ADEGA

Houbo anos nos que a Costa da Morte era a comarca con máis entidades participantes na XII Limpeza Simultánea de Praias que cada ano organiza a A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Este ano, a cita desenvólvese estes venres 6 e sábado 7 de outubro, e temos unha participación algo menos abundante, pero honrosa.

Ademais do Raz Surf Camp, que colaborará na Limpeza da praia de Razo, en Carballo (poden contactar en [email protected]), son 4 os centros de ensino que se involucran nesta xornada de limpeza e concienciación ambiental:

”O obxectivo das limpezas de praias é eliminar os residuos que están nas praias como símbolo de chamada de atención sobre a situación de contaminación que sofren os nosos areais. As principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no sistema de “usar e tirar”, a deficiente xestión dos residuos que xeramos e a falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedente en parte da industria do mar (pesca, extraccións...), pero tamén dos nosos fogares”.

  • CEIP Praia de Quenxe que limpará a praia de Quenxe, en Corcubión (poden contactar en [email protected]).
  • O CEIP Mar de Fóra e o Concello de Fisterra limparán a Praia de Sardiñeiro.
  • O IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas) limpará a Praia de Traba (Laxe).
  • Os EEI Muros, CEP Ramón de Artaza, a CEIP de Louro e o Concello, acodirán ás Praias de Castelo, Virxe, Rocha e San Francisco de Muros.
  • Os CEIP de Caión, CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e CEIP Ramón Otero Pedrayo, xunto co Concello da Laracha, e varios centros de ensino de Arteixo, acodirán á praia de Caión

Comentarios