Ducias de colectivos convocan unha gran manifestación contra a Lei de Depredación de Galicia
Este pasado martes o
Por todo iso, os colectivos sociais fan un chamamento para participar este domingo 22 de outubro, nunha gran manifestación en Santiago de Compostela. A cita será a partir das 12:00h na Alameda.
Que provoca a Lei?
Estas son as repercusións que pode ter esta lei, como recolle Praza das análises da Alianza Rural Galega, formada por ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM:
- Permite que proxectos empresariais (mineiros, eólicos…) teñan menos esixencias ambientais, ao ter máis facilidade para ser declarados Proxectos Industrais Estratéxicos (antes reservados para proxectos de interese público como estradas…). Fai falta menos investimento e só 100 postos de traballo para calificalo como tal (antes eran 250).
- A Consellería de Industria poderá aprobar un proxecto industrial (mineiro, por exemplo), sen necesidade de esperar a consideración dos concellos afectados ou doutras áreas como Medio Ambiente, Patrimonio ou Urbanismo. E mesmo a empresa poderá comezar a negociar a compra de terreos ou a pedir a súa expropiación sen necesidade de ter aprobado o proxecto.
- Introdúcese un novo concepto: “Proxectos de Especial Interese”, para proxectos de enerxía eléctrica renovable (eólica, biomasa, hidroelétricas…) que terán tramitación prioritaria e serán máis importantes que outras actividades. Ademais, en proxectos eólicos suprimen un artigo que esixía a valoración ambiental.
- A modificación da lei de Montes permite que só sexa necesaria a autorización para unha explotación madereira (non de uso doméstico) cando haia frondosas autóctonas. Ademais, nesta mesma liña e cos cambios na Lei de Conservación da Natuteza limita a protección da Rede Natura, e permite que explotacións madereiras non necesiten a autorización da Consellería de Medio Ambiente.
En conclusión, para as entidades da Alianza Rural Galega a lei "supón unha desregulamentación de facto, que elimina cautelas ambientais e dereitos dos administrados para outorgarlle patente de corso a empresas mineiras e pasteiro-enerxéticas”.
Novas relacionadas
- Onde está a orixe da vaga de incendios?.
- Colectivos costeiros reflexionan sobre a corrupción que pode xerar a Lei de Depredación de Galicia.
- 9 colectivos costeiros confínanse para evitar a chamada “Lei de Depredación de Galicia”.
- Colectivos costeiros únense á loita contra a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Praza.
- Contraminacción.