Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os coles de Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía e Zas únense á loita contra a ludopatía entre a mocidade

Vieiro desenvolve a campaña Mar de Redes polos centros de ensino de Carballo
Campana contra a ludopatia Deputacion Coruna
Os coles de Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía e Zas únense á loita contra a ludopatía entre a mocidade

”Non xogues co xogo, aposta pola vida” á a campaña da Deputación da Coruña e Agalure para combater a ludopatia entre a mocidade. Caras coñecidas como Xosé Antonio Touriñán, María Mera, David Perdomo, Eva Iglesias e o dúo Verto forman este vídeo promocional, que segue a estética dos anuncios publicitarios das casas de apostas para conseguir un maior impacto:

Segundo os informes de AGALAURE, mentres que a adición ás máquinas tragamoedas descendeu nos últimos anos, as apostas deportivas e o xogo online experimentaron un notable incremento, tamén durante a pandemia. Este novo perfil de adicción ao xogo afecta a persoas con idade media cada vez menor e o tempo de latencia para adquirir a dependencia é moi inferior no xogo en liña que nas máquinas recreativas.

Dentro da campaña tamén hai unha serie de charlas nos centros educativos, entre os que se atopan o CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), CPI de Zas e IES Maximino Romero de Lema (Zas), CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos), IES Ramón Caamaño (Muxía), e o IES Lamas de Castelo (Carnota). As charlas céntranse especialmente nas apostas deportivas e o xogo online, que segundo os datos da entidade, é o que máis medra entre a mocidade e o principal motivo das consultas que lles chegan nos últimos anos.

Mar de redes

Mar de Redes no centro de ensino carballes

Paralelamente, a Asociación Vieiro desenvolve o programa "Mar de Redes" nos centros de ensino de Carball. Un programa que trata sibre o bo uso da novas tecnoloxías e a prevención do xogo patolóxico. A encargada de implementarlo é a pedagoga: Dalila Vizcaíno Regueira

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios