Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comezan as obras de reforzo do firme na AG-55

Traballos AG-55 (3)
Traballos na AG-55
Comezan as obras de reforzo do firme na AG-55

Estes días comezaron as obras de conservación e reforzo de firme na Autoestrada Autonómica AG-55, polo que a circulación contará con varios cortes limitándose a un carril.

Concretamente realízase a rehabilitación superficial nun total de once treitos, nos dous sentidos, o que suporá actuacións en máis de 23 quilómetros da vía. En canto aos traballos de rehabilitación estrutural, actuarase no tronco da AG-55, en sentido crecente, entre os puntos quilométricos 6+950 e 13.350 e, en sentido decrecente, entre os puntos 13.400 e 13.380. Tamén se realizarán actuacións de fresado e reposición de firme nos ramais de Paiosaco, A Laracha, Carballo Este, Carballo Norte, e Carballo Oeste.
Ademais, farase eliminación do chanzo da beiravía entre A Laracha e Carballo.

As obras prolongaranse ata o vindeiro día 18 de setembro, sempre que as condicións climatolóxicas sexan as adecuadas para levar a cabo estes traballos.

Comentarios