O concurso de #TerrAtlantica reforza a identidade da Costa da Morte

A Marca da Costa da Morte Costa da Morte. Terra Atlántica e o GDR continúa poñendo en valor a comara. A última acción, o concurso de foto e vídeo "Que é para ti a Costa da Morte?", xa ten resultados. Un concurso desenvolto no Instagram para “afianzar a marca territorio e consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial”.
O concurso chega ao remate, cos resultados dos gañadores, de entre as 52 propostas participantes. As obras escollidas polo xurado foron de @mgrilles, @o_rincon_do_bichinho, e @lo0opezz. E a de @garciafatima23 foi escollida polo público como a mellor.
Os premios, consistentes en tablets e smartphones, entregaranse nunha cerimonia cuxa data se anunciará proximamente.
O xurado estivo formado por José Manuel López, Secretario do GDR Costa da Morte; Javier González, Vicepresidente do GDR Costa da Morte; Jesús Picallo, representante do Semáforo de Fisterra, empresa adherida á marca; Begoña Fernández, xerente de Stoupa, empresa adherida á marca; e Ana García, xornalista.
Foto de @mgrilles
Novas relacionadas
- Xullo 2020: A marca #TerrAtlántica achégase á artesanía.
- Abril 2020: Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Outubro 19: A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán.
- Setembro 19: A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas.