A marca #TerrAtlántica achégase á artesanía

Esta semana a marca #TerrAtlántica está comezando unha nova campaña de implantación na comarca. Faino cunha serie de encontros cos artesáns, parte fundamental para que a marca acade un simbolismo de calidade e autenticidade.
Houbo unha boa acollida da sesión informativa na que participaron varios membros da Asociación de Oleiros de Buño, como Carmen Isabel Labrador, Alfarería Lista, o Obradoiro Cambón, Artesanía Musical Cerviño ou José Manuel Reino Bardanca de Alfarería Mindiringuín… entre outras.
Xornadas de Networking
Este xoves o Centro Sociocultural de Baio acollía o primeiro encontro de networking realizado pola marca coas emrpesas asociadas, para establecer propostas de mellora e sinerxías no novo contexto tras a pandemia.
A segunda cita será ás 20:00h tarde do vindeiro 9 de xullo, tamén en Baio, e se adicará á comunicación, aportando consellos e ferramentas para optimizar a súa estratexia comunicativa a través de canles offline e online. Para participar poden preguntar en 981 71 73 58 e info@terratlantica.gal.
Novas relacionadas
- Abril 2020: Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Outubro 19: A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán.
- Setembro 19: A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas.
- Agosto 19: A CMAT presenta outra nova imaxe de marca para o turismo da Costa da Morte.
- Agosto 19: As 19 primeiras empresas en adherirse á marca ‘Terra Atlántica’.