Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Coñecendo o mar dende o pupitre

Estudante do CEIP de Fisterra XOgando co vento Vela
Un estudante fisterrán, camiño de ser patrón
Coñecendo o mar dende o pupitre

Non deixamos de loubar o fermoso programa "O Mar Na Escola. Xogando co Vento”. A oportunidade de inserir o mar, a través da vela, no sistema educativo é un dos poucos xeitos que hai que modificar o currículo escolar aprendendo máis sobre a contorna.

Este ano xa vai pola 19ª edición, na que máis de 400 alumn@s de toda a comarca xa están mergullándose no mar despois das primeiras sesións teóricas.

Falamos dos colexios de Cee (Colegio Manuela Rial Mouzo e CEIP Vila de Cee) de Dumbría (CEIP Santa Eulalia) de Fisterra (CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta e Colexio Na Sa del Carmen) de Corcubión (CEIP Praia de Quenxe) de Carnota (CEIP do Pindo, CEIP de Carnota), que xa están a pleno rendemento, mentres que os Muxía (IES Ramón Caamaño, CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muiños e CEIP Villarmide) esperan ao mes de maio e xuño.

Xogando co vento-Vela de Fisterra
Un pouco de tontería, moito divertimento e unha marea de aprendizaxe do noso mar

Os mestres da Escola de Vela Cataventos comeza o curso levando o mar á aula, con sesións formativas sobre a vida no mar, o seu coidado e conservación; a importancia da acuicultura e a súa convivencia coa pesca para a sustentabilidade e conservación dos ecosistemas naturais, así como para a economía das nosas zonas costeiras. “A observación do noso medio antes de saír a navegar, axúdalles a comprender as mareas, as correntes e o vento, así como os seus elementos de medida”, explican dende Cataventos.

Xa están preparados para saír ao mar, a parte máis lúdica e beneficiosa do proxecto. No porto de Corcubión fan estas primeiras saídas utilizaron veleiros lixeiros e kaiaks de mar. Ademais, no barco da escola aprenden sobre a importancia do traballo en equipo e ter a oportunidade de practicar manobras nas distintas posicións a bordo (temón, foque, maior, facer banda).

Xogando co Vento-Vela 2023

Paralelamente, o alumnado ultima os detalles para a entrega dos debuxos para o V CONCURSO DE DEBUXO Stolt Sea Farm 2023 “Prodemar Rodaballo: Saudable e Sostible”.

Xogando co Vento Vela--CEiP AREOUTA

Vela Xogando co Vento 2023

Novas náuticas

Comentarios