Venres. 26.04.2024
El tiempo

Continúa o operativo de busca dun home en Esteiro

Continúa o operativo de busca dun home en Esteiro
Juan Rodríguez Caamaño desaparecido en Muros Juan Rodríguez Caamaño desaparecido en Muros

Continúa en marcha o operativo de busca de Juan Rodríguez Caamaño, un veciño de Muros, duns 60 anos, que desaparecía na tarde do pasado martes. Garda Civil, GES de Muros, Unidade Canina e o Helicoptero, policìas Locales de Carnota e Muros así como voluntarios de AVPC traballan arreo peiteando a zona dos Muiños, Esteiro e Uhia, pois no camiño da devesa, en Esteiro, onde foi visto por última vez (con pantalón gris e xersei vermello).

Ata o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), cos seus drons están participando do dispositivo. “Drons, cans, e moitísma xente leva traballado todo día pero non dá aparecido”, sinalan fontes de seguridade.

Calquera informaciòn sobre o paradeiro poñase en contacto co 062 ou 112.

Comentarios