Corcubión e Cee preparan varias actividades de concienciación polo 25N
![cartel concello corcubion recortado](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2019/11/15/2019111514310374674.jpg)
Como xa temos falado, son moitos os concellos da comarca que participan na campaña En Negro que se organiza polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Neste caso, os concellos de Corcubión e Cee están a preparar diferentes acitividades durante o mes de novembro relacionadas con este día co fin de concienciar á xente sobre esta problemática.
Dende o Concello de Corcubión ven realizando un programa "Outono Violeta" de coeducación,sensibilización e concienciación para a prevención da violencia e promoción da igualdade durante os meses de outubro e novembro en varios centros de ensinanza e na Casa da Cultura de Corcubión con actividades dirixidas a todos os sectores da poboación.
Pola súa parte, o Concello de Cee tamén organizará varias actividades durante o mes de novembro e decembro, ademais da concentración que se realizará o 25 de novembro ás 12:00h na Casa de Cultura. O 28 de novembro está prevista a actuación de Catoxo, un contacontos para educación infantil ao que asistirán a unitaria da Igrexa de Brens e do EEI da Pereiriña, o CPR Manuela Rial Mouzo e o CEIP Eugenio López.
Por outro lado, representarase a obra de teatro Golpes ás 11:30 na Casa da Cultura, destinada aos alumnos de 4º da ESO do CPR Manuela Rial Mouzo, 1º de bacherelato do IES Agra de Raíces, alumnado do IES Fernando Blanco e 6º de primaria do CEIP Eugenio López.
Finalmente, do 16 de decembro ao 3 de axaneiro, farase a reprodución da exposición dos premios de María Josefa Wonenburguer.