Coristanco esquece a couza da pataca e só terá un pleno cada dous meses

12:14 29/03/18

As Altas e baixas
Saíron a colación as irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco. BNG e TeGa preguntaron ao alcalde que aclarase a súa situación. “Unha persoa que dan de alta no Concello con soldo de alcalde o 16 de outubro; que tivo un accidente no 24 de setembro, e a pesar de non estar dado de alta, e aínda así cobra unha baixa por accidente laboral, que aclare se tiña un contrato con outra empresa ou que foi o que pasou. O alcalde, que non se enteirara que lle estaban ingresando a nómina, excusábase dicindo que “se creedes que hai unha irregular que denuncien”. Ademais, culpou ao teniente de alcalde Pensado Plágaro, de moitas cousas que están pasando no Concello pois foi el o que estivo á fronte do concello durante a súa baixa. Iso si, “se chega unha multa da Seguridade Social, pagámolo todos”. Mentres, segue a parálise municipal, e organismos como Urbanismo está completamente paralizado, por unha baixa maternal non cuberta, provocando o atasco de expedientes e licencias. ”Abraham segue sendo o alcalde das gominolas, (en alusión ás propias palabras do alcalde: "fun concelleiro de obras como puiden ser de gominolas, non fixen nada porque non me deixaban") que é o único que fai no concello. Está totalmente acorralado, mesmo polos propios socios de goberno, pois aquí o que manda é Pensado Plágaro e el é só un titete, un home de palla”, denuncia Lavandeira.Moción da pataca
TEGA, que estando no goberno cando saltou a problemática na polilla, organizou varias charlas informativas, considera que “a praga que causaría un descalabro económico brutal, porque a riqueza do concello está no cultivo da pataca porque hai unha gran poboación que se dedica a ela, sería unha crise económica e social”. Por iso considera “urxente tomar este asunto, non podemos, nin Bergantiños nin A Limia, comarcas claves, esperar e despois lamentaros cando veña”. E nesa liña pedía na moción, presentada con carácter de urxencia e de xeito conxunto, que a Xunta faga un plan especial de prevención. Pero sorprendentemente, o “grupo de goberno en funcións”, aprobou a urxencia, pero deixou enriba da mesa a moción, que dentro de dous meses, no seguinte pleno, xa se tratará. “De forma irónica xa podemos presentar unha iniciatva para invitar ao bicho á comarca e así o invitamos ás charlas”, ironiza o voceiro Amancio Lavandeira. “Sorprendiunos que mesmo Pensado Plágaro, un home que traballa nunha oficina da Consellería de Medio Rural, faga estas lamentables declaracións sinalando que non creemos unha alarma”.Máis cousas
O pleno si aprobou e contratación dunha empresa para a organización da Festa da Pataca e que presenta numerosas irregularidades, e o BNG preguntou pola contratación dunha asesoría xurídica externa (por preto de 22.000 euros), para facer un informe sobre a situación laboral do alcalde, sen cumprir a legalidade e cunha adxudicación subxectiva e sen motivar. Iso si, non procedeu a non sinatura por parte do Concello no convenio do Centro de Información á Muller (CIM) por non ter a Conta Xeral de 2016 presentada, un asunto que pode deixar sen subvencións ao Concello. Dende o BNG lamenta “a falta de organización na área de Cultura e non solicitude da subvención para a cobertura da praza vacante de animación sociocultural (sen cubrir desde hai preto dun ano)”. Laura Mariño fixo un rogo sobre "a mala praxe dalgunhas emrpesas da madeira", solicitando "un maior control xa que cando causan danos non se están a tomar as medidas necesarias nin de control previo nin posterior, que se controle que presentan a comunicación previa para poder realizar esa supervisión e que se actualice a ordenanza (é do 2000 e aínda está en pesetas!)".Novas da couza
Novas de Coristanco
- As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco.
- Coristanco, único Concello que non presentou a Conta Xeral 2016.
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- 01-02-18: En Marea Coristanco critica que o concello non cumpra coa lei de Transparencia.
- 30-01-18: Veto da Xunta a Coristanco e Ponteceso por non presentar as contas de 2016.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).