domingo. 08.06.2025
El tiempo

Coristanco recibe aos vistantes de La Guyoniére nas primeiras xornadas Franco-Galegas

Coristanco recibe aos vistantes de La Guyoniére nas primeiras xornadas Franco-Galegas
xornadas franco-galegas coristanco Doce rapazas da localidade francesa de La Guyonniére - preto de Nantes - e doce rapaces e rapazas de Coristanco, de entre 12 e 16 anos, (localidades irmandadas) participan dende mañá ata o vindeiro martes nas I xornadas Franco-Galegas organizadas polo concello de Coristanco. Ésta é a primeira vez que o municipio coristanqués organiza unhas xornadas deste tipo dirixidas ao público xuvenil na que se lles ofrece aos participantes unha variada programación coa que poderán fortalecer o seu nivel académico, xa que practicarán o idioma con xente nativa da súa idade, e tamén establecer novas relacións persoais. O refuxio de Verdes, a lagoa de Alcaián, o museo de Asunción Antelo ou a área da Rocheira son algúns dos lugares que que visitarán as rapazas de La Guyonniere co fin de que coñezan todo o potencial cultural, ambiental e humano do municipio coristanqués. Tamén visitarán outros lugares como Laxe, Corme, Malpica, a praia de Razo… entre outros. Segundo sinalan dende as concellerías organizadoras - Cultura, Educación e Turismo, dirixida por Laura Mariño; e Xuventude e Deportes, encabezada por Verónica Facal - éstas son unhas xornadas nas que se implican unha boa cantidade de voluntarios que exercerán de intérpretes, comercios locais que colaboran coa preparación dun xantar colectivo que será o vindeiro luns, e a guías como Xosé Manuel Varela e José Antonio Andrade. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Coristanco

Comentarios