Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte empregouse a fondo nas limpezas dos granulados

Pellets recollidos en Camarinas por Mar de Fabula
Granulados recollidos en Camariñas por Mar de Fabula
A Costa da Morte empregouse a fondo nas limpezas dos granulados

Numerosas quedadas de voluntarios e voluntarios déronse cita esta fin de semana nas praias da Costa da Morte. Mentres, a Xunta anunciaba que a través de Tragsa mobilizou máis de 300 operarios, que desenvolveron limpezas en 56 praias de 34 concellos, tendo recollido o equivalente a uns 90 sacos (dos 1.050 sacos de pellets que levaba o Toconao).

Pero a marea solidaria supera, con creces, os efectivos mobilizados pola Xunta, e lembrando as épocas do Prestige volven ser onde a cidadanía poñenos a esperanza, a pesar do frustrante que é o traballo.

”É un traballo moi minucioso, pero se aproveita para facer limpeza de plástico pequeno, non tanto de microplástico”, explica José Manuel Menéndez, de Senda Nova. “Realmente en zonas como Razo xa había boliñas dende hai tempo, así que estas xornadas se podería facer en calquera momento. Certo que ves menos resultado, porque saen moi poucos kilos, pero hai que facelas”, sinala.

"Vaise pouco a pouco avanzando e hai que avanzar máis en sistemas manuais que sirvan para separar os plásticos da materia orgánica", explica Menéndez.

limpeza praias de Malpica con Senda Nova
Xentes de Senda Nova facendo limpezas nas praia da Laracha, Carballo e Malpica

Carballo

LImpeza en Razo-Baldaio de microplasticos
En Razo-Baldaio

Carballo, precisamente, foi un dos grandes epicentros do voluntariado, co Concello colaborando e facendo de punto de unión da acción de varias asociacions medioambientais. Tanto Senda Nova, como limpOcean, a Asociación Ecoloxista ADEGA e o Grupo Naturalista Hábitat coordinaron varias sesións de limpeza, tanto en Razo-Baldaio como en outras praias da contorna: Seaia e Beo (Malpica), Caión (Laracha)… Máis dun centro de persoas colaboraron nas diferentes sesións.

Camariñas

Limpando granulados en Camarinas copia
Limpando granulados en Camariñas

A xornada con Mar de Fábula foi completa e moi especial, pois contaron ademais coa colaboración de 8 persoas da Brigada do Mar, entidade portuguesa que conta coa colaboración do goberno da república e que escolleu Mar de Fábula para facer estas sesións de limpeza e confraternización.

Máis de 40 persoas limparon as praias de Reira, e despois tamén acodiron á praia de Nemiña, en Muxía, onde había moitísimos granulados.

Granulados-pellets na praia de Nemina Muxia
Moitísimos granulados na praia de Nemiña 

”Limpamos en Nemiña até a suba de marea coincidindo ca por do sol. Ao abandoar o areal, ollamos cara atrás, contemplado cómo o mar continuaba en cada onda, a deitar (ou vomitar), pellets de resina e demais plásticos variados”, recoñecen con tristura, ainda que valoran a súa sensación dee alegría por ter eliminado un saco enteiro atopado e ducias de capachos cheos: “Cada boliña de pellet é unha pequena bomba de contaminación”, sinalaban.

Voluntarios de Mar de Fabula e Brigada do Mar
Voluntarios de Mar de Fabula e Brigada do Mar

En Muros

Ana Miranda María Lago Muros
Ana Miranda con María Lago en Area Maior, un dos km.0

En Muros, o único Concello que conseguíu un acordo coa aseguradora da armadora e ten formada uha brigada de máis de 50 persoas locais, estiveron traballando arreo toda a fin de semana.Ademais, a rexedora recibiu a visita de Ana Miranda, a eurodeputada que xa levou o asunto a Bruxelas.

En Malpica

Maquinaria pesada limpando a praia de Malpica
Maquinaria limpando a praia de Malpica

Trinta voluntarios participaron na xornada de limpeza de praias de Malpica, onde utilizaron maquinaria de limpeza das praias para “abordar de maneira efectiva a recollida de granulados”. “Á máquina cambióuselle o cepillo e o tamiz e na cuba de recollida de residuos meteuse auga para que floten as boliñas de plástico”, explican dende o Concello. Durante os traballos, dous operarios irán na parte traseira separando os residuos das algas. Ao rematar a recollida, as algas e a area volven ser depositadas na praia para non danar o ecosistema.

Estes traballos, que comezarán o luns 15 de xaneiro, de novo colaboración de Protección Civil.

Proteccion Civil de Malpica limpando pellets
Proteccion Civil de Malpica limpando pellets

En Laxe

limpeza praias laxe-Soesto pellets
En Soesto

Finalmente tamén houbo un grupo de voluntarios na praia de Traba para participar na limpeza de pellets de plástico organizada polo Concello de Laxe e Protección Civil. Por outra banda, na praia de Soesto procederona limpeza os operarios de Medio Ambiente.

Máis novas dos granulados

Comentarios