Martes. 30.04.2024
El tiempo

O Concello de Muros xa conta con 50 traballadores locais para o dispositivo de limpeza de praias

Plan Limpeza Praias MUROS 3
Equipo de limpeza o pasado martes
O Concello de Muros xa conta con 50 traballadores locais para o dispositivo de limpeza de praias

Muros é o exemplo de que se un Concello quere, pode facer algo real polo coidado dos seus areais nesta crise do granulado. O Concello muradán, actuando pola súa conta e como un dos epicentros da crise, foi o primeiro en Galicia en chegar a un acordo coa aseguradora da empresa armadora e coas entidades de voluntariado para activar un plan de limpeza de plástico nas praias. Un plan que se puxo en marcha o martes, e que conta xa con 50 traballadores locais (algúns voluntarios, mariscadoras...) contratados pola aseguradora da empresa armadora para a retirada dos granulados das praias.

Limpeza praias MUROS 11 XANEIRO
Limpeza de onte nos areais muradáns

 

Ante a dimensión das tarefas, a empresa de limpeza enviada pola aseguradora xa contratou a 50 traballadores de Muros para efectuar os traballos, coa axuda dos voluntarios. 
A alcaldesa, María Lago, asegura que “ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”. “Son uns traballos tediosos e que levarán un tempo, porque dependen tamén de factores como as mareas, pero non podíamos esperar máis, todas as praias do concello están afectadas”, explica María Lago.
Son necesarias unhas tarefas de prelimpeza das praias que farán os voluntarios, para despois encargarse a empresa de limpeza da retirada dos pellets.

ARTIGOS SOBRE O GRANULADO

Máis novas SOBRE O GRANULADO

Comentarios