A Costa da Morte monta nas procesións marítimas do Carme
- Tendes toda a info festexeira en www.axendacostadamorte.com e no álbum das FESTAS DA COSTA DA MORTE 2023
Camariñas, Sardiñeiro, Muros, Muxía, Moirame, Borneiro, Corcubión, Zas, Carantoña, Dumbría, Corme, Camelle, Fisterra… As festas do Carme son unha das grandes citas do verán na Costa da Morte. E non é necesario ter mar para disfrutar destas festas na honra dos mariñeiros, que ten como atractivo principal e momento máis emotivo nas procesións marítimas, unha auténtica xoia etnográfica do litoral galego.
Así que chega a fin de semana do 15 de xullo e a comarca ponse de gala como ten que ser no domingo máis especial do ano. Non todas as citas se celebran esta fin de semana e se algúns esperan a finais de xullo (como Muxía), a agosto (como Carantoña) outros trasladan a festa a ata setembro (como fai Fisterra). Certo que hai vilas, como Louro, que este ano non poden facelas festas por falta de xente.
O venres completaremos coa axenda enteira, pero hoxe queremos centrarnos nas sesións do Carme.
Camariñas
Unha das grandes citas é o Carme de Camariñas, da man da súa activa Comisión, que xa arrinca o venres a gole de festival de música electrónica. O sábado amence coa danza de arcos da man da rapazada, dando conta que a tradición está ben mantida. Ás 13:00h farán entrega do premio ao Camariñán do Ano. Xa pola noite La Misión, a orquestra máis grande de España porá a verbena.
O Día grande é o domingo 16, coa danza de arvcos e a procesión marítima a partir das 12:00h. POola noite, verbena cos Satélites e fogos de artificio. Pero como a festa non para, o luns estará a París de Noia, e o martes 18 será día de sardiñada popular para a xente da vila.
Muros
A de Muros é outra das grandes citas, neste caso organizada pola Confraría. A lea empeza o sábado 15 pola tarde, sendo odomingo o día grande, coa procesión marítima ás 18:30h e rematando a noite coa París de Noia e os fogos de Artificio. O luns, día para a xente da vila, con homenaxe aos xubilados do mar, e verbena con La Misión e Marbella
Corme
Por Corme tamén celebran unha das procesións marítimas máis fermosas da comarca que se desenvolverá despois da misa das 12:00h do domingo.
Corcubión
O sábado arrincan, a golpe de vermú, as festas de Corcubión. Pero de novo, a gran cita é a procesión marítima que sairá do peirao despois da misa das 11:00h do domingo.
Caión
Ademais dos actos relixiosos -misas e procesión marítima- e dos eventos puramente festivos -sesións vermú e verbenas- a cargo da Acd Peña Royal, o Concello oferta dúas propostas culturais dirixidas a todos os públicos. O sábado, actuación da Asociación Cultural Arume de Caión coa música e o baile tradicionais galegos como protagonistas destacados.
O domingo será a quenda para o espectáculo cómico Saaabor!, protagonizado polos actores Fran Rei e Félix Rodríguez. A obra mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, sempre co mundo da gastronomía de fondo. Ambos eventos culturais serán ás 20:00 horas na praza Eduardo Vila Fano
Mazaricos
Zas
As de Zas son unhas festas máis verbeneiras con 3 noites de troula, sábado, domingo e luns.
Borneiro
Pola semana toca Carme en Borneiro, co Carme do Briño para os martes 18 e mércores 19.
Moraime e Carantoña
E remata esta primeira serie do Carme a vindeira fin de semana en Moraime, e a última en Carantoña.