Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte presente no Forum Gastronómico

Pepe Formoso, Marta Rodríguez e Xosé Regueira no Forum Gastronómico
Pepe Formoso, Marta Rodríguez e Xosé Regueira no Forum Gastronómico
A Costa da Morte presente no Forum Gastronómico

Desenólvense estes días na Coruña o Galicia Forum Gastronómico. Unha feira na que a Deputación está moi presente promocionando a nova marca gastronómica ‘a provincia que sabe’. Foi Xosé Regueira, o edil carballés, vicepresidente e responsable de turismo da Deputación o encargado de presentar a imaxe que xa estará funcionando a inicios do próximo ano a partir do seu pistoletazo de saída en FITUR2023.
‘A provincia que sabe’ representa aos oito xeodestinos da provincia da Coruña e “aerá unha marca paraugas para a promoción conxunta de todos os xeodestinos da provincia”, destacou Regueira, quen recalcou, de novo“o papel fundamental dos entes de xestión na profesionalización do sector turístico”.

Non faltou presencia costeira no evento, e Pepe Formoso, secretario da CMAT, e Marta Rodríguez, responsable da Secretaría Técnica, estiveron acompañando a proposta.
Así, a nova dirección da CMAT, como os demais entes de xestión dos xeodestinos de provincia, poderán validar a incorporación á marca de empresas de especial compromiso coa calidade e a gastronomía do territorio.

a provincia que sabe-Coruna-Xose Regueira
Regueira coa imaxe da nova marca gastronómica provincial

A marca ‘a provincia que sabe’, cunha gran Culler en forma de S, representa as tres eses nas que se apoia: saber, sabor e sustentabilidade. “Queremos poñer en valor a singularidade e calidade dos nosos productos, a cociña dos nosos xeodestinos”, apuntou Xosé Regueira, membro tamén da xunta directiva da CMAT. As campañas de promoción faránse utilizando as diferentes tempadas e épocas do ano como estratexia de dinamización e promoción turística.

 

Comentarios