Martes. 08.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte, sóbese á onda da Reserva Mundial de Surf

A candidatura, impulsada pola Deputación da Coruña, supera a primeira fase para a declaración ao cumprir cos requisitos establecidos por Save the Waves e continúa o proceso para acadar a primeira declaración do Estado 

Presentacion en Razo da Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf
Presentación en Razo sobre o novo paso adiante da candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf
A Costa da Morte, sóbese á onda da Reserva Mundial de Surf

Cando a Deputación aposta por unha cousa realmente, parece que vai adiante. Apenas 3 meses despois da proposta para presentar a Costa da Morte como Reserva Mundial do Surf, o xa vicepresidente da Deputación e responsable da área de turismo, Xosé Regueira, anunciaba hoxe na, fetiche, praia de Razo, que a candidatura do xeodestino Costa da Morte como 'World Surfing Reserve' superou a primeira fase para a súa declaración do proceso selectivo que desenvolve a ONG, Save the Waves Coalition.

Acompañado dos alcaldes de Carballo e Laracha, o deputado carballés transmitiu a súa satisfacción.. “Este acontecemento, que é unha extraordinaria e case inesperada noticia na primeira vez que se presenta a candidatura, é resultado do traballo colectivo entre o sector e as administracións e grazas a esa implicación conseguimos superar o primeiro corte e demostrar que cumprimos os requisitos para que a nosa opción sexa tida en conta", explicou Xosé Regueira dunha noticia que abre un novo periodo de traballo que concluirá coa presentación da candidatura final antes de fin de ano.

A Reserva Local de Surf (sería a segunda en Europa e a duodécima do mundo), servirá como motor de atracción turística e de mecanismo de sostibilidade para preservar as ondas, sumar alianzas do tecido social e demostrar a sensibilización coa conservación do medio e o crecemento sostible.

Maxima expectacion ante a reserva mundial do Surf
Máxima expectación ante o anuncio 

Ondas, cultura, historia e natureza

"Save the Waves" valorou “a calidade e consistencia das ondas, a cultura e historia do surf no territorio, as características ambientais únicas do medio e o apoio local á candidatura”, para o cal se ten constituído o Grupo Promotor impulsado pola Deputación, que integra representantes de organismos públicos e grupos de interese sectoriais.

Novas relacionadas

Máis novas surfeiras

Comentarios