Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén participa na recuperación dos microtópinos da “Galicia Nomeada”

Microtoponimos de Ponteceso no proxecto Galicia Nomeada
Microtoponimos de Ponteceso recollidos no proxecto Galicia Nomeada
A Costa da Morte tamén participa na recuperación dos microtópinos da “Galicia Nomeada”

A Xunta ten máis de medio millón de topónimos recompilados en Galicia. E a idea é superar os 1,2 millóns. Así avanza o proxecto Toponimia de Galicia que ademais pretende xeolocalizar todos os nosos lugares no subproxecto Galicia Nomeada.

Trátase dunha plataforma integrada para a recolleita colaborativa da microtoponimia galega que xestiona a Real Academia Galega en colaboración coa Xunta de Galicia. Unha plataforma que por agora, nos seus 9 primeiros meses de vida, suma preto de 20.000 microtopónimos recompilados gracias aos máis 1.300 colaborador@s anómimos que cooperan na construción desta grande obra colectiva.

Entre os principais colaboradores atopamos varios costeiros. Cómpre reseñar a labor de Rocío Romar, que achegou máis 500 topónimos en Malpica de Bergantiños; e Ana Martina Varela (400) en Cabana de Bergantiños.

Nestes momentos xa é posible visualizar máis de 295.000 topónimos sobre a imaxe aérea de Galicia (en galicianomeada.xunta.gal/ e na APP) e descargar a información dispoñible sobre eles (coordenadas, tipoloxía xeográfica ou fonética).

A nivel costeiro, A Laracha conta xa con máis de 5.000 topónimos recollidos nesta ferramenta, sendo xunto a Muros (3.600) e Ponteceso (2.300) os máis activos. Non chegan a 100 topónimos recollidos na plataforma os Concellos de Laxe, Camariñas, Fisterra, Corcubión, Cee e Dumbría.

Novas relacionadas

Comentarios