Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte volve á WTM de Londres

Expedicion galega na WTC de Londres
Expedición galega na WTC de Londres
A Costa da Morte volve á WTM de Londres

Galicia, a Costa da Morte e concretamente o Camiño a Fisterra e Muxía está representada nunha das principais feiras internacional de turismo. A WTM de Londres acolle entre o 7 e o 9 de novembro este evento no que participan touroperadores de todo o mundo, e no que a expedición galega intenta mostrar aos británicos os encantos do noso país para recuperar o número de visitantes previos á pandemia.

O vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia, Jesús Picallo Santos, afirmou ao respecto que “Galicia e a Costa da Morte son referentes mundiais a nivel turístico, polo que temos unha carta de presentación tremendamente positiva”, sinala. Asegura que hai que seguir traballando para incrementar as cifras do turismo británico e aproveita para poñer en valor o traballo que desenvolve o Clúster do Turismo de Galicia «en distintos segmentos turísticos que van desde a ampliación de camas hoteleiras ata a promoción de todos os atractivos gastronómicos e da oferta turística, climatolóxica, cultural ou artística que temos na nosa terra».

Ademais de comprobar que cada vez hai máis touroperadores interesados, tanto en España como en Inglaterra na creación e comercialización dos paquetes turísticos enfocados aos Camiños, tamén se mantivo unha xuntanza coa Directora Xeral da Confraternity of Saint James, buscando novas vías de colaboración entre a Deputación da Coruña e Confraternity, relacións de traballo que se levan desenvolvendo dende hai anos.

Picallo con Nava Castro en Londres
Picallo con Nava Castro en Londres

Comentarios