COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- Actualización (28-10-2020): 6 hospializados no HVdX. Ponteceso e Santa Comba a nivel 2.
Tras moitas semanas sen ingresados no noso hospital de referencia, hoxe son xa 4 hospitalizados no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Unha cifra que dá conta do aumento da incidencia do COVID nas últimas dúas semanas.
O mapa de incidencia xa rexistra 10 Concellos afectados na comarca, sumando 3 novos (Fisterra, Laxe e Mazaricos) en nivel 1 de alerta (entre 7 e 14 casos activos), igual que Ponteceso e Santa Comba.
En Nivel 2 (entre 14 e 21 casos positivos) atopamos Malpica e A Laracha (que viña de estar no nivel 3); mentres que en Nivel 3 segue o Concello de Carballo e ao que se unen Muros e Vimianzo.
A nivel escolar hoxe recollemos os datos de incidencia nos centros educativos, que deixa un total de 45 positivos nos centros de ensino, pero só unha aula pechada e ningún centro.
CADRO ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS 27.10.2020
LOCALIDADE | CENTRO | TOTAL POSITIVOS | AULAS PECHADAS | CENTROS PECHADOS |
A LARACHA | E.I A Laracha | 1 | 1 | 0 |
VIMIANZO | E.I Municipal Vimianciños | 1 | 0 | 0 |
A LARACHA | CEIP Alfredo Brañas | 2 | 0 | 0 |
A LARACHA | CEIP Ramón Otero Pedrayo | 2 | 0 | 0 |
A LARACHA | IES Agra de Leborís | 8 | 0 | 0 |
CABANA DE BERGANTIÑOS | CPI As Revoltas | 1 | 0 | 0 |
CARBALLO | CEIP Bergantiños | 1 | 0 | 0 |
CARBALLO | CEIP Fogar | 4 | 0 | 0 |
CARBALLO | CMUS Profesional de Carballo | 1 | 0 | 0 |
CARBALLO | IES Alfredo Brañas | 3 | 0 | 0 |
CARBALLO | IES Isidro Parga Pondal | 1 | 0 | 0 |
CARBALLO | IES Monte Neme | 2 | 0 | 0 |
CEE | CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo | 1 | 0 | 0 |
CEE | IES Agra de Raíces | 2 | 0 | 0 |
CEE | IES Fernando Blanco | 1 | 0 | 0 |
CORCUBIÓN | CEIP Praia de Quenxe | 1 | 0 | 0 |
CORISTANCO | CPI Alcalde Xosé Pichel | 2 | 0 | 0 |
FISTERRA | CEIP Areouta | 1 | 0 | 0 |
FISTERRA | CPR Ntra.Sra. del Carmen | 1 | 0 | 0 |
MALPICA DE BERGANTIÑOS | IES Urbano Lugrís | 2 | 0 | 0 |
MUROS | CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío | 1 | 0 | 0 |
MUROS | CEIP Ramón de Artaza y Malvárez | 1 | 0 | 0 |
SANTA COMBA | CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza | 1 | 0 | 0 |
SANTA COMBA | IES Terra de Xallas | 1 | 0 | 0 |
VIMIANZO | CEIP Plurilingüe San Vicenzo | 1 | 0 | 0 |
ZAS | IES Maximino Romero de Lema | 3 | 0 | 0 |