COVID: Baixando de vagar

Gráfrica realizada por QPC cos datos de transparencia do Sergas

Unha vez superado o cumio da 6ª onda, o número de casos rexistrados segue minguando paseniñamente. Son hoxe 500 novos casos menos detectados que a semana pasada, situándose arredor dos 2800 os contaxios nos últimos 14 días.

A tónica xeral é de baixada de casos, se ben hai algún Concello como Muros ou Malpica que pegan un pequeno repunte nas cifras.

Semella que a incidencia nos centros de ensino tamén diminúe, pero a pasada semana a Xunta deixou de informar dos centros que teñen máis de 15 casos activos.

Daros Covid Costa da Morte 07-02-2022

NOVAS RELACIONADAS