COVID: A Costa da Morte supera o cumio da 6ª onda
Tras mes e medio de continua subida, a curva xa xirou. O número de casos segue a ser moi alto comparado co resto da pandemia, pero xa se nota o cambio. De feito, xa existe un país, Dinamarca, que vén de decretar hoxe mesmo a “fin da pandemia”.
Neste novo repaso semanal ás cifras, contabilizamos un total de 3.300 casos nos 19 Concellos da Costa da Morte, uns 900 menos que a semana pasada. Só a comarca de Xallas se mantén á alza dada a continua escalada do Concello de Santa de Comba.
No resto hai disparidade, cunha baixada media do 25% en boa parte dos concellos, pero con situacións dispares como as de Bergantiños, onde hai mportantes caídas en Cabana e Carballo, pero cos datos inmóbiles nos outros concellos.
Como dato importante, hoxe hai 8 hospitalizados no Hospital Virxe da Xunqueira.
Centros de ensino
A 26 de xaneiro, as cifras que o portal de transparencia da Xunta nos ofrece sobre os centros de ensino son relativamente baixa en comparación co resto do país. Só 3 centros, de Carballo, suman máis de 15 positivos, cifra a partir da cal a Xunta informa. Estes son o CEIP Bergantiños (24 casos), CEIP Fogar (24 casos) e IES Isidro Parga Pondal (18).
NOVAS RELACIONADAS
- 25-01-2022: COVID: A curva comeza a virar.
- 18-01-2022: COVID: O número de casos volve duplicarse en Carballo na última semana.
- 12-01-22; COVID: A curva segue subindo, pero menos empinada.
- 05-01-22: COVID: As cifras, inauditas, modifican a fisionomía da curva.
- 28-12-2021: COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano.
- 27-12-12: Cee, Mazaricos, Carballo e A Laracha suspenden parte do programa de Nadal.
- 22-12-2021: COVID: A comarca de Soneira duplica a incidencia nunha semana.
- 17-12-21: COVID: O certificado volve ser obritagorio para entrar en establecimentos dende este sábado.
- 14-12-21: COVID: Nova subida de case o 50% na última semana.