venres. 06.12.2024
El tiempo

Curandeiras, Buserana e Sonlilá saíron á rúa contra o novo asasinato machista

Curandeiras, Buserana e Sonlilá saíron á rúa contra o novo asasinato machista

Esta pasada fin de semana Manuela Iglesia Fernández foi asasinada polo seu marido na parroquia de Crecente, na Pastoriza, Lugo. É a primeira muller vítima mortal a causa da violencia de xénero na comunidade en 2020, e a 6ª (5 mulleres e unha nena) en todo o estado.

Ante esta situación volveron saíur á rúa os colectivos feministas da comarca. Fixérono seguindo as concentracións da Marcha Mundial das Mulleres, que convocaban saídas en todo o estado. Non faltaron este luns ás 20:00h, e a pesar do tempo, ás bravas da Organización Feminista Buserana, do colectivo As Curandeiras de Vimianzo ou da Asociación Sonlilá de Carnota.

Os tres colectivos saíron á rúa para berrar ben alto que non van quedar paradas ante esta praga, e leron un manifesto, e gardaron un sentido minuto de silencio.

Concentracion de Sonlila en Carnota
Concentración de Solilá en CarnotaConcentracion das Curandeiras de Vimianzo
Concentración das Curandeiras en Vimianzo

Comentarios