![Respresentantes do concello de Carballo e de Axober presentaron onte o Carballo por Etapas]()
Respresentantes do concello de Carballo e de Axober presentaron onte o Carballo por Etapas
O
Carballo por Etapas acada a súa cuarta edición consolidado como
evento de promoción turística, un aspecto que coincidiron endestacar o alcalde, o concelleiro de Promoción Económica e o presidente de Axober no acto de presentación oficial que se celebrou onte no Fórum Carballo e ao que acudiron, ademais, os hostaleiros e hostaleiras participantes.
A ruta arrancará o día 27 ás 18.30 horas coa saída do tren turístico, un elemento que contribúe a reforzar a imaxe do evento dende a primeira edición. O presidente de Axober, Isidro Varela, agradeceu a implicación do concello de Carballo na organización de Carballo por Etapas e destacou o apoio das empresas Conservas Calvo, Bodegas Carballo e Proquiber para facer posible un ano máis a ruta gastronómica, na que tamén colabora o concello de Cabana de Bergantiños coa cesión do tren.
“Carballo por Etapas é unha oportunidade máis para seguir promocionando Carballo”, destacou o alcalde, Evencio Ferrero, quen aludiu á coincidencia da ruta gastronómica cunha fin de semana dunha amplísima oferta deportiva. “Hai moitas actividades, e moitas prográmanse para que teñan incidencia no sector da hostalería”, apuntou. O alcalde destacou a iniciativa do movemento asociativo cultural, deportivo e empresarial para conseguir “entre todos facer de Carballo un bo lugar para vivir”.
Á repercusión de eventos como Carballo por Etapas na economía local tamén se referiu o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, que expresou o seu desexo de que o tempo tamén acompañe para que a última fin de semana de maio e a primeira de xuño Carballo se encha de xente. “Estando Axober por detrás nós consideramos que sempre vai ser un éxito”, manifestou.
Locais participantes
![Vinte establecementos participan na cuarta edicion do Carballo por Etapas]()
Vinte establecementos participan na cuarta edicion do Carballo por Etapas
Este ano en Carballo por Etapas participan 20 locais: A Barra Bar, Cafés A Cafeteira, Cafetería Abastos, Café Bar Embajador, Café Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cafetería Xorima, Cervecería Ágora, Cervecería Beos, Cervecería Dublín, Cervecería La Bombonera, Cervecería-Tortillería O Casino, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Tapería Aturuxo e Trattoria Pizzería Vesuvio.
A ruta organizada pola concellería de Promoción Económica do concello de Carballo e a asociación de xóvenes empresarios de Bergantiños - Axober - celebrarase os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño. O esquema será similar ao das edicións anteriores. Os locais participantes elaborarán tapas específicas para o evento que servirán os venres de 20 a 22 horas e os sábados e domingos en horario de 12 a 14 e de 20 a 22. O prezo da tapa será de 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse
numerosos premios directos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Axober.