Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Da importancia dun bo servizo de hostelería: Aprendendo de viños

Da importancia dun bo servizo de hostelería: Aprendendo de viños

Que importantes son os cursos de hostelería nunha bisbarra que vive dos Servizos. E canta falta fai na zona, onde ademais de unha copa non axeitada, recibes continuamente unha mala contestación do camareiro de turno.
Aínda non se decata a bisbarra a importancia de ofrecer un bo servizo ao turista, para poder continuar facendo do turismo unha fonte de ingresos importante. Botamos de menos que iniciativas como Aldea Madeira en Camariñas funcionen, ou que as asociacións de empresarios non artellen esta clase de cursos.

Polo norte da bisbarra o teñen algo máis claro. E un exemplo é o proxecto Mar de Caión, que segue dando exemplos de como dinamizar unha vila mariñeira. A última aposta son uns cursos de enoloxía e repostería.

Foron un total de 34 alumnos os se forman xa durante 40 horas en cada unha das accións formativas de carácter gratuíto que se imparten nas instalacións do Furna Restaurante, un dos locais integrados na Rede de Hostaleiros de Mar de Caión. Os asistentes, 17 en cada acción formativa, son profesionais do sector da comarca da Costa da Morte e municipios veciños da Laracha, A Coruña, Arteixo ou Carballo. Ademais, 10 do total de alumnos son parados xa que unha parte das prazas estaban reservadas para desempregados.

Os profesores, que colaboran habitualmente con varias escolas de hostalería, son Damián Alonso Martínez, docente de pastelería, e Juan Carlos Lista, encargado do curso de enoloxía. Os cursos, que empezaron o xoves 10, impartiranse nas instalacións do Furna e prolongaranse durante 40 horas en horario de 16.00 a 20.00 horas os luns e os mércores.

A totalidade dos cursos está subvencionada polo Fondo Social Europeo. Así, os alumnos disporán sen custo algún do material didáctico e das materias primas que se empregarán en cata e nas elaboracións de repostería.

Novas relacionadas

Fonte

  • Mardecaion.

Comentarios