Martes. 30.04.2024
El tiempo

Os “demoledores balances” que Senda Nova fai do estado de saúde do noso territorio

“Todo para parecernos o máis posible ao xardín do Retiro madrileño”, critica a entidade.
Ruta con Senda Nova entre eolicos
Imaxe dunha ruta con Senda Nova
Os “demoledores balances” que Senda Nova fai do estado de saúde do noso territorio

A semana pasada a asociación Senda Nova completa outra serie andainas no marco do programa Primavera en Ruta. Os Camiños de Caión completaron un prohtama de roteiros por Carballo, Laracha, Coristanco, Malpica, Zas… que lle permiten á entidade poder facer un diagnóstico do estado de saúde da nosa natureza interior, do noso territorio.

Eólicos e Eucaliptos, os grandes depredadores

”A sensación coa programación, colaboradores e participantes é inmellorable, mais o que podemos ver ano tras ano no territorio que pisamos deixa balances en calquera caso demoledores. Unha sensación pesimista. E é que a ameaza dos polígonos eólicos tradúcese xa en realidade, deixando na veciñanza unha preocupación e mobilización ascendente”, sinala José Manuel Menéndez.

Pero non os eólicos. Menéndez lamenta a presenza, cada vez máis basta, de eólicos, que xunto aos viraventos, van ocupando os lugares aínda virxes coa permisividade das administracións.

”A destrución dos camiños antigos derribando muros de pedra seca e enchéndoos de entullo e zahorra avanza a pasos de xigante sen un minuto para a reflexión sobre a historia dos camiños ou sobre o patrimonio dos muros, a inmensa maioría en pedra seca, constituídos como Patrimonio da Humanidade”, lamenta.

Accesibilidade, a gran desculpa

Vai máis alá Menéndez, rozando o politicamente incorrecto, poñendo a accesibilidade como a “desculpa” para realizar “actuacións terroríficas contra o medio dende o punto de vista paisaxístico e ambiental”, como as operacións con maquinaria pesada nas beiras de canles fluviais, como a do Anllóns, onde “pasarelas de madeira exótica compiten coa zahorra”. “A accesibilidade radica na propia actividade, adoptando os medios e ferramentas oportunas e non en desfacer ese camiño para convertilo noutro urbano de tantos outros”, reflexiona mentres pide ás administracións que reflexionen antes de converter en urbanos paraxes naturais.
“Parece obvio que quen toma estas decisións non leva moitos anos facendo sendeirismo. Nin pregunta a quen o fai”, dispara.

Conclúe con dureza Menéndez: ”Se as administracións locais, provinciais e autonómicas son as encargadas de loitar polo rural e parar a sangría de poboación que estamos a vivir na Costa da Morte, quizá moitos deberían partir por acabar co auto-odio polo propio rural e pola súa paisaxe e non querer ocultar ou desfacer unha gran parte do noso chan e tanto do que os nosos antergos deixaron. Todo para parecernos o máis posible ao xardín do Retiro madrileño”.

Comentarios