Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Denuncia pola apertura do Castelo do Príncipe

Denuncia pola apertura do Castelo do Príncipe
castelo-principe-TGporta

O BNG de Cee vén de presentar unha denuncia ante Patrimonio da Xunta de Galicia, polo incumprimento da lei de visitas do único Ben de Interese Cultural que hai no concello de Cee. Trátase do Castelo do Príncipe, situado na parroquia de Ameixenda. A denuncia sáltase desta volta o devir municipal ante as constantes mocións presentadas no pleno ceense sen resposta algunha, e van directas a Patrimonio.

A denuncia solicita que "se inicie o pertinente procedemento sancionador e de restitución da legalidade". Esta legalidade obriga a cada dono dun BIC a brilo ao público, polo menos, 4 días ao mes. Proporcionando ademais a publicidade necesaria para que os veciños teñan constancia dese cumprimento da lei e da posibilidade de achegarse a disfrutalo por dentro, non só dende a porta.

A lei

Concretamente a lei dinos o seguinte:

  • 1º O artigo 26.3 da Lei de Patrimonio de Galicia sinala que “os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural facilitarán  a visita pública aos mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuita durante catro días ao mes, en días e horario prefixado”.

Outras problemáticas semellantes

Unha problemática que se extende por potros puntos da bisbarra, como ao outro lado da ría, co Castelo do Cardeal. A relación lendaria entre ambas fortaleza, cunha hipotética cadea subacuática que impedía que barcos piratas entrasen na ría, fai que esta petición teña, se cabe, máis sentido.

Pero hai outros exemplos de como as familias terratenientes da zona pasan por alto as obrigacións de Patrimonio. En Vimianzo ocorre o mesmo, e tamén foi ao pleno da man do PP que presentou unha moción para solicitar a apertura ao público das Torres de Cereixo.

Comentarios