Denuncian a falta de atención pediátrica en Camariñas


Tempos de recortes en xeral, e en sanidade en particular. E a Costa non é allea. E se o repago sanitario é unha das cousas polas máis se protesta, parece que na bisbarra hai problemas co servizo de atención de pediatría. Xa este ano se oíron queixas dende Muros e o ano pasado houbo manifestacións en Laxe polo mesmo motivo, e hoxe é o BNG de Camariñas o que denuncia "a falla de atención pediátrica en Camariñas".
"Xa vai tempo que o BNG de Camariñas ven denunciando a situación na que se atopa o servizo de pediatria de Camariñas. Tódolos anos habia problemas coa atención pediátrica cando chegaban as vacacións, pois non se cubria esta praza. Ademáis o servizo era cuberto por un médico de cabeceira. Ahora todo aponta a que o noso concello vai quedar sin a unidade de atención pediátrica pois xa lle avisaron a algúns usuarios que a partires de ahora terán que ser atendidos en Vimianzo", sinalan.
Así, dende o BNG de Camariñas denuncian que "o Servizo Galego de Saúde no cubra a praza de pediatría e que o Concello de Camariñas non loite por conseguir que se cubra con personal especializado dita praza".
Novas relacionadas
- Cee analizou o drama das pensións.
- A Costa organízase contra o repago sanitario.
- “Non ao recortes sanitarios”.
- 07-03-13: Preocupación veciñal ante a falta dunha enfermeira de pediatría en Muros.
- 24-07-12: Os recortes impiden que Laxe recupere o horario de Pediatría.
Fonte
- Nota de prensa do BNg de Camariñas.