Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación levou o Camiño a Fisterra-Muxía á virtual World Travel Market Londres 2020

A Barafunda facendo o Camino-Foto-Rafa Quintans
Foto-Rafa Quintáns
A Deputación levou o Camiño a Fisterra-Muxía á virtual World Travel Market Londres 2020

O Camiño Fisterra-Muxía estivo, onte, en Londres. Fíxoo a través da primeira edición virtual da World Travel Market Londres 2020, a primeira vez desde 1980 que a Feira non se celebra de forma presencial. Foi a Deputación da Coruña á que, a través dunha colaboración con Turespaña, amosou as marabillas do noso Camiño peregrino na última xornada de WTM.

A Deputación aproveitou ademais para manter un total de 20 reunións virtuais con empresas, asociacións e institucións turísticas.

A colaboración continuará na realización de viaxes de familiarización con axencias de viaxe británicas na provincia, para traer ás diferentes entidades coas que xa colabora a Deputación en Inglaterra (universidades, asociacións, xestoras de turismo...) e poder mostrarlles a riqueza patrimonial e natural do noso camiño. Un exemplo será o Fam Trip que se desenvolverá no 2021 pola nosa comarca coa OET de Londres.

Comentarios