A Deputación recupera unha listaxe de 60 cargos institucionais a mans do Franquismo na Costa da Morte
Vén de publicar a Deputación da Corula a listaxe de cargos institucionais dos concellos represaliados polo franquismo. Un total de 300 nomes compoñen a base de datos de concelleiros e alcaldes represaliados nos concellos da Coruña que a Deputación publica despois dunha investigación que botará luz sobre as corporacións democráticas anteriores a 1936.
Unha investigación pioneira que serve para instar a “conmemorar e homenaxear” ás corporacións democráticas e a colaborar no proxecto de investigación “Xeración Perdida”.
Un traballo de recuperación histórica desenvolto polo profesor Emilio Grandío e un equipo composto por Eliseo Fernández Fernández, Alfonso Iglesias Amorín, Rosalía Regueiro Méndez e Manuel Pérez Lorenzo e que contou tamén coa colaboración de destacados coñecedores da historia local, entre eles Luís Lamela, recuperando os nomes esquecidos da Costa da Morte.
Unha lista que vale para demostrar que fascismo só quería descabezar o noso país, tendo en conta só 34 non estaban en activo en 1936, o que demostra que “a violencia fascista se cebou nos representantes institucionais que estaban á fronte dos gobernos dos distintos concellos”.
A vicepresidenta da Deputación, Goretti San Martín, durante a presentación, fixo especial mención á figura da concelleira de Boiro, Brígida Muñiz, a única muller que aparece na listaxe mais que convida a reflexionar “sobre unha represión aínda máis oculta que é a de todas as mulleres que, coma ela, foron rapadas e humilladas e viron a súa vida truncada despois do golpe militar”.
Homenaxes
É Vimianzo un dos poucos concellos da volta que seguen excavando na memoria do franquismo. Agora, a Deputación anima a cada concello a render homenaxe aos seus caídos.
Cargos institucionais falecidos a mans do franquismo nos Concellos da provincia da CoruñaOs caídos da Costa da Morte
Aquí vos deixamos a lista de caídos xa recuperados pola Deputación, concello a concello, da Costa da Morte, entre os que atopamos 6 mortos:
Nome | Concello | Categoría | Posto na Corporación Municipal Antes de 1936 | Posto na Corporación Municipal 1936 |
---|---|---|---|---|
Alfonso Rama Toja | Cabana | Sancionado | Concelleiro | |
Arturo Valledor Fernández | Cabana | Sancionado | Concelleiro | |
Daniel Senade Martínez | Cabana | Sancionado | Concelleiro | |
Manuel Vázquez Cundíns | Cabana | Sancionado | Concelleira | |
Fernando Camarot Veira | Carballo | Procesado | Concelleiro | Concelleiro |
Francisco Bolón Moreira | Carballo | Encarcerado | Alcalde | Concelleiro |
Gaspar Navaza Monteavaro | Carballo | Procesado | Concelleiro | Concelleiro |
José Monteagudo Rodríguez | Carballo | Encarcerado | Concelleiro | Alcalde |
José Regueira Vila | Carballo | Asasinado | Concelleiro | Concelleiro |
Luis Calvo Sanz | Carballo | Procesado | Concelleiro | Concelleiro |
Casto Caamaño García | Cee | Sancionado | Concelleiro | Concelleiro |
Jesús Chouza Filgueiras | Cee | Execución de pena de morte | Concelleiro | |
Arturo Vila Moure | Coristanco | Exiliado | Alcalde | |
Cayetano Fernández Calvo | Coristanco | Sancionado | Concelleiro | |
José Pose Mourelle | Coristanco | Sancionado | Concelleiro | |
Manuel Mira Abelenda | Coristanco | Sancionado | Concelleiro | |
Cesáreo Castro Rodríguez | Dumbría | Sancionado | Concelleiro | |
Cipriano Fernández Brage | Fisterra | Asasinado | Concelleiro, Alcalde | Alcalde |
José Díaz Lobelos | Fisterra | Exiliado | Concelleiro | Concelleiro |
Manuel Miñones Senra | Laxe | Procesado | Concelleiro | |
Alfredo Carril Rodríguez | Malpica | Sancionado | Concelleiro | Concelleiro |
Constantino Longueira Morales | Malpica | Sancionado | Concelleiro, Alcalde | Concelleiro, Alcalde |
Cándido Ramón Carrillo Cousillas | Malpica | Encarcerado | Concelleiro | Concelleiro |
José Carril Rodríguez | Malpica | Encarcerado | Concelleiro | Concelleiro |
José Sande Lois | Malpica | Fuxido | Alcalde | |
Luis Villar Villar | Malpica | Sancionado | Concelleiro, Alcalde | Concelleiro |
Olegario Otero Verdes | Malpica | Sancionado | Concelleiro | Concelleiro |
Nicanor Villar Martínez | Mazaricos | Asasinado | Concelleiro | |
José Luis Figueiras Lago | Muros | Sancionado | Concelleiro | |
José Veloso Mayo | Muros | Procesado | Alcalde | |
Juan Malvárez Baamonde | Muros | Procesado | Concelleiro | |
Manuel Mayo Fernández | Muros | Procesado | Concelleiro | |
Manuel Tobío Romaní | Muros | Procesado | Alcalde | |
Agustín Fernández Logo | Muxía | Sancionado | Concelleiro | |
Eliseo Leis Sambad | Muxía | Sancionado | Concelleiro | |
Isaac Mosquera González | Muxía | Sancionado | Concelleiro | |
Jesñus Valiña Pose | Muxía | Sancionado | Concelleiro | |
José Agrelo Puertas | Muxía | Sancionado | Alcalde | |
Ramón Mejuto Naviza | Muxía | Sancionado | Concelleiro | |
Joaquín Cousillas Collazo | Ponteceso | Exiliado | Alcalde | |
José Centeno Ferreiro | Ponteceso | Sancionado | Concelleiro | Concelleiro |
Perfecto Suárez Ures | Ponteceso | Encarcerado | Concelleiro | |
Alejandro Lema Trillo | Vimianzo | Fuxido | Concelleiro | Concelleiro |
Antonio Gándara Oreiro | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | |
Cándido Rodríguez Caamaño | Vimianzo | Encarcerado | Concelleiro | |
Francisco ou Manuel Ameijeiras Rojo | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | |
José Alborés Gándara | Vimianzo | Encarcerado | Alcalde | |
José Caamaño Lema | Vimianzo | Execución de pena de morte | Concelleiro | |
José Castro Miñones | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | Concelleiro |
José Lavandeira Ballina | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | |
José Ogando Lage | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | |
Julio Moreira Gándara | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | |
Manuel Alborés Gándara | Vimianzo | Execución de pena de morte | Concelleiro | |
Manuel Vidal Martínez | Vimianzo | Execución de pena de morte | Concelleiro | Concelleiro |
Ramón Suárez García | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro | |
Víctor Vázquez Varela | Vimianzo | Sancionado | Concelleiro, Alcalde | Concelleiro |
Jorge Varela Rial | Zas | Encarcerado | Alcalde | |
José Ferreiro Pardiñas | Zas | Encarcerado | Concelleiro | |
Manuel Pereira Doval | Zas | Encarcerado | Concelleiro |
Máis información
- A base de datos pode consultarse na seguinte ligazón: www.dacoruna.gal/deputacion/xeracion-perdida/.
Artigos de Luís Lamela
- Luís Lamela: Outra vez a emigración.
- Lexitimidade e confianza.
Novas relacionadas
- Luís Lamela homenaxea aos “escapados” do Monte Pindo.
- Vimianzo lembrou a ocupación do Castelo en 1936.
Outras novas relacionadas
- Vimianzo recorda os 80 anos do fusilamento de Andrés García Ferreiro, secretario municipal.
- Vimianzo recibe parte da biblioteca persoal do que fora secretario municipal no 1936
- 80 anos sen 8 sindicalistas da fábrica de Brens.
- As historias dos fuxidos do Monte Pindo, nos vídeos do Simposium.
- A historia dos fuxidos no As de Sel.
- Elenita, a heroína antifranquista de Santa Comba.
- O mitin de Castelao en Lira en 1936.
- O Poliño, ou como fuxir da Guerra dende Malpica.
- Recuperando os campos de concentración franquistas de Muros.
- A veciñanza de Milleira e Gorreis, aínda herdeira da corrupción franquista.
- Reclaman a eliminacioón dos símbolos franquistas que quedan en Coristanco.
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- As Bondades da fala, con David Lourido: Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- “A Mariñeira de Quilmas” enche os cines de Cee.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
Máis artigos relacionados
- Miro Villar: Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- Pablo Varela: Cando a memoria se convirte nun lastre para a clase política:
- Beto Rouget: O último alcalde republicano de Zas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).