O deputado carballés Rubén Lorenzo defende os Orzamentos 2025 da Xunta para a comarca

Presentou a Xunta o pasado venres a súa proposta de Orzamentos para 2025. E é o deputado autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, o que fai a primeira valoración en clave comarcal. O carballés considera que Goberno Galego “cumpre” tras presentar as contas en “tempo e forma” e servirán para “impulsar a nosa comarca en todos os niveis”.
Rubén Lorenzo asegura que "os orzamentos da Xunta de Galicia certifican o compromiso do Goberno Autonómico coa comarca da Costa da Morte",
Destacou os "8 millóns de euros que permitirán impulsar a VAC Baio-Berdoias", o compromiso de inversión nos vindeiros exercicios con 10 millóns para o 2026 e 12 máis para o 2027 e 2028. Unha partida insuficiente e repetida para o BNG.
Destaca tamén os "2 millóns que servirán para consolidar o crecemento dos polígonos industriais de Carballo, Cabana e de Coristanco". Ademais, apunta o medio millón para comezar a variante de Carballo,
Lorenzo valorou de maneira “moi positiva” a partida de 1,7 millóns que coa que a Xunta de Galicia levará a cabo a rehabilitación integral do IES Alfredo Brañas e os con 637.000 euros cos que afrontar a ampliación do Colexio Mar de Fora de Fisterra.
O popular non quixo esquecer o 725.000 euros que a Xunta investirá en infraestruturas portuarias e os 800.000 e melloras para a eficiencia enerxética dos edificios públicos nos xulgados de Carballo e Corcubión.