mércores. 30.04.2025
El tiempo

O BNG critica a subida da peaxe da AG55 e a falta de partidas para a comarca nos Orzamentos da Xunta 2025

Concentracion BNG en Berdoias pola Autovia Costa da Morte
O BNG mantén a convocatoria para este sábado da concentración pola Autovía
O BNG critica a subida da peaxe da AG55 e a falta de partidas para a comarca nos Orzamentos da Xunta 2025

Complicado é debullar as partidas formuladas para a Costa da Morte no anuncio dos orzamentos da Xunta para 2025

Dende o BNG fixeron un repaso por concellerías e lamentan o "esquecemento" comarcal. O deputado Oscar Insua comentou que “non estamos decepcionados, porque xa estamos acostumados a que o PP ignore á comarca, mais o que non esperabamos é que se atreveran a vacilarnos desta maneira”. Criticaron noemadamente o aumento as peaxes entre Carballo e Coruña, "unha medida vergoñenta que afogará aínda máis o peto dos veciños e veciñas que teñen que desprazarse á cidade herculina por traballo ou para ir ás consultas médicas que non se fan no hospital de Cee”. 

A Autovía

En canto ao “enésimo anuncio da autovía”, a agrupación frontista manifestou que o goberno galego “faino en gran medida pola presión que exercemos dende o BNG, mais non deixa ser un auténtico vacile á Costa da Morte”, e destacou que “este ano anuncian 8 millóns de euros, pero o ano pasado anunciaban  10 millóns para 2025 e hai dous anos 15 millóns, aproveitando a escusa do financiamento plurianual, que en boca do PP non é máis que unha mentira e un engano, utilizado elección tras elección sen reparos nin escrúpulos”.

Cadro coas partidas orzamentadas pola Xunta para a VAC Baio-Berdoias 

ANO

     2017

  2018

  2019 

 2020

  2021

  2022 

 2023

  2024 

 2025

ORZAMENTO
(M€)

 0,25

1

1

1

6

3,43

3,5

2

8

 

O representante lembrou que "o próximo sábado 26 de outubro temos que manifestarnos todos e todas en Berdoias con esa andaina da dignidade para seguir reclamando a autovía que nos merecemos”.

Outros investimentos.

Desde o BNG comarcal subliñaron que a Xunta seguirá sen promover e construír “un só centro de día ou residencia en toda a Costa da Morte, o que demostra o pouco que lle importa aos populares a atención aos nosos maiores e as súas familias, que continuarán sen poder conciliar a vida laboral co seu coidado”, e advertiron que a Xunta non ten previsto ningún novo servizo sanitario no hospital comarcal.
“E en educación seguimos sen avances, ao contrario, con máis recortes”, sinalou a formación nacionalista, que tampouco ve que apareza nas contas autonómicas “a promoción de vivendas sociais para a mocidade que quere acceder por primeira vez a ela, nin investimentos para promover o asentamento de industrias nos polígonos de Cee ou Vimianzo, mais alá de anuncios de boas intencións da conselleira cos alcaldes do PP, que nada lle protestan nin reclaman”. O BNG incidiu no despoboamento por falta de oportunidades na comarca, “que vai en aumento, sen que o goberno da Xunta responda con contundencia con medidas que favorezan que se empadroen e vivan aquí”.

Comentarios