Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Detida a suposta autora da morte da anciana en Carballo

Detida a suposta autora da morte da anciana en Carballo
A vitima vivia na rua Sol de Carballo

Conmocionada segue a capital de Bergantiños ante o suceso que sacodía á realidade social esta fin de semana. Unha muller de 87 anos era asasinada o pasado sábado no seu domicilio, no que vivía soa na rúa Sol. A muller aparecía cun gran traumatismo na cabeza. Baralláronse diferentes hipóteses e finalmente, a primeira hora da tarde do luns, a Garda Civil detía á suposta autora da morte. Trátase dunha muller de 46 anos e veciña do municipio de Carballo, que quedou detida como presunta autora do homicidio e roubo da octoxenaria.

Ao parecer, ambas mulleres mantiñan unha relación de amizade, motivo polo que a detida non tivo dificultade para acceder ao interior do domicilio. Foi o fillo da vítima o que alertou á Garda Civil tras atopar o cadáver na vivenda o domingo pola mañá.

O dispositivo policial levado a cabo polos axentes, culminou en tan só 36 horas desde o coñecemento do feito, dando como resultado a detención da presunta autora. Así mesmo, acordado pola autoridade xudicial, efectuouse un rexistro no domicilio da agora detida, no que se recuperaron numerosas xoias que foran subtraídas do domicilio onde ocorreron os feitos.
A detida atópase a disposición do Xulgado de Número Uno de Carballo.

Piden un pacto pola seguridade

Xa o pedían o mes pasado e novo grupo de Ciudadáns da Coruña volve reclamar un “pacto entre os partidos para loitar contra a inseguridade cidadá na Costa da Morte”. Faino tras este suceso, e o seu voceiro March defendeu a necesidade de “axuntar forzas para conseguir melloras nos actuais medios” e lograr así “a reimplantación da comisaría na Costa da Morte”.

Máis casos

De feito, un novo suceso tivo lugar no día de onte, e Garda Civil puido deter a un individuo cando intentaba roubar nun establecemento. O detido, de 44 anos e veciño do término municipal Carballés, accedeu ao interior dun establecemento comercial do casco urbano tras romper o cristal da porta do mesmo.

O detido, que xa tiña numerosos antecedentes policiais, foi posto a disposición xudicial do Xulgado Número Uno de Carballo cuxo titular decretó o seu ingreso en prisión.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios