Os diversos veráns para os campings e as cabañas de luxo da Costa da Morte
- Os campings de luxo colgaron o cartel de completo este verán, mentres que os campings de sempre non salvan a temporada
As cifras a nivel estatal sinalan que os campings salvaron este atípico verán cun 65% de ocupación durante os meses de xullo e agosto. O auxe das autocaravanas, os bungalows e as cabañas de semi-luxo concertíronse nos principais destinos para, sobre todo, clientes de provincias limítrofes.
Pero a realidade na Costa da Morte non parece que fora tan positiva. 16 dos 127 campings de toda Galicia sitúanse na Costa da Morte. Un dos sectores que foron máis castigados durante a corentena e a desescalada, pero que, a priori, parecían ben colocados para afrontar a nova maneira de facer turismo, disfrutando das escapadas ao aire libre, e dando conta da gran potencialidade do sendeirismo e o turismo de natureza.
Porén, despois de falar con varios destes establecimentos, podemos concluír unha doble visión: Os novos espazos de cabañas de relativo luxo concluíron un verán con boa nota; mentres que os campings de sempre apenas conseguiron manter as cifras doutros veráns.
Os campings, á baixa
Son 12 os campings de sempre na comarca. Falamos dos Camping San Francisco, Camping A Vouga e Camping Ancoradoiro (de Muros); Camping As Névedas (Caión, Laracha); Camping As Sisargas (Malpica); Camping Baldayo e Camping Os Delfíns (Carballo); Camping O Paraíso da Praia do Lago, Camping Lago Mar e Camping Playa de Leis (de Muxía); Campamento Corzón (Mazaricos), Camping Ruta de Finisterre (Estorde, Cee)
Élida Suárez, do Camping A Vouga, de Muros, considera que “o ano non o salvamos nin por asomo” tras esta “difícil temporada de verán”. “A valoración é totalmente negativa a todos os niveis, ficando practicamente baleiros pola semana e de venres a domingo con clientes de cercanía. Ademais, o mes de setembro está sendo extraño, sin o cliente europeo que habitualmente enchenos o camping”, explica.
Lamenta que “a xestion da pandemia foi e sigue sendo nefasta, pois tivemos que reducir servizos, como o restaurante, para intentar chegar o fin da tempada sin contaxios. As axudas foron totalmente nulas”.
Corrobora que a chegada de autocaravanas si que aumentou, pero considera que é un perigo en “en mans de persoas que desconocen que hay que vaciar augas negras e grises, que non se pode “aparcar” onde lle pete”. Critica ademais que certos colectivos utilizaron as instalacións xuntándose sen ter en conta as restricións.
Na mesma liña, algo máis escuetamente, respóndenos Manuel Martínez Cutrín, dende o Camping Playa de Leis, de Muxía. Con apenas un 25% de ocupación (turista galego en parella, fundamentalmente), considera a campaña como “moi mala”. Ten o mesmo calificativo para a xestión da pandemia por parte do goberno central, e sinala que se sentiros orfos en todo momento, tendo que empregar máis gastos, sen apenas axudas, unha vez que mesmo pediron un crédito ICO de 150.000€ pero o goberno respondeu que “non había cartos”. “Para o próximo, se sigue asi e eu estou vivo, cerro”, di pesimista Cutrín.
Bungalows do Camping Playa de Leis
As Cabanas, á alza
A experiencia dos campngs de sempre contraponse cos novos establecimentos de máis categoría inmersos na natureza. Espazos como as Cabanas Vendabal de Barizo, as Cabañas de Fisterra, as Cabanas de Lires ou os Nidos de Carnota, superaron este verán (o primeiro para varios deles), de xeito moi positivo).
Así nolo conta Sergio, das Cabanas Vendabal de Barizo. ”No mes de xullo tivemos as dúas últimas semanas cheo e en agosto estivemos polo 90%, polo que non temos nada de que queixarnos xa que apenas fixemos ningunha publicidade e baraxábamos a posibilidade de non ter a ninguén polo covid”, explica. Foron familias as que ocuparon na súa meirande parte as cabananiñas de cores do camping malpicán, nun 80% procedentes de Galicia, ainda que tamén madrileños, asturianos e portugueses.
Nese sentido, valoran que “un negocio de esta magnitude necesita máis facturación que só o mes de agosto, pero somos optimistas”.
Por outra banda, as novas Cabañas de Fisterra estiveron ao 99,5% de ocupación durante os meses de xullo e agosto, e cun 71% para setembro, polo que apuntan que “o ano está salvado pero ao traballarnos en invierno, xa iremos vendo como se presenta”. O visitante tipo son parellas de todas partes do estado (tendo apenas dúas parellas portuguesas e dúas francesas en todo o verán).
Califican a xestión da pandemia por parte do goberno central como “peor imposible”, e lamentan ter que “empregar máis medios co mismo personal” para poder cumplir con todos os protocolos.
Outro dos novos espazos creados neste verán, os fermosos Nidos de Carnota, conta un verán excepcional. Miki Sar puxo o cartel de completo ao 100% en xullo e agosto, e mesmo case completo en setembro. Os visitantes chegaron de Galicia pero moitos do resto de España, collendo en moitos casos estancias máis ben longas de 5-7 días.
Non quere valorar a xestión gubernamental e recoñece o mantemendo dos protocolos, debido a singularidade dos Nidos, non lle supuxeron tanto investimento como para a hostalería.
Imaxes dos Nidos de Carnota
Novas relacionadas