Martes. 19.03.2024
El tiempo

Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas, entre os Concellos vixiados por gripe aviar

Imaxe da poxa dos galos de Toba- Foto: Rafa Quintáns
Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas, entre os Concellos vixiados por gripe aviar

Son 7 os Concellos de Pontevedra (O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia, Cambados, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa) aos que a Xunta vén de calificar como de Alto Risco de Gripe Aviar (ZER), tras a detección de focos recentes en aves silvestres e domésticas en centro Europa.

Paralelamente, a Xunta amplía a vixilancia a unha trintena de municipios e os califica como Zonas de Especial Vixilancia (ZEV) ven como se eleva o seu risco ata moderado. Entre eles atopamos aos Concellos de Dumbría, Mazaricos, Vimianzo e Zas, que son, xunto aos Ortigueira, Porto do Son e Ribeira os únicos da provincia coruñesa.

Deste xeito, a Xunta prohibe a presenza de aves de curral en feiras e mercados gandeiros, mentres que os titulares de explotacións avícolas non comerciais deben anotarse nun rexistro administrativo. En todo caso, recomendan seguir as restricións do concellos como zona ZER como a prohibición de cría de parrulos.

Comentarios