EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
08:16 28/09/16
O centro de Promoción Rural Efa-Fonteboa acaba de presentar o seu programa de actividades de formación continua que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro.
O programa - que xa arrancou a semana pasada cunhas xornadas técnicas sobre a pataca - continúa hoxe cunha xornadas sobre o millo nas que se tratarán temas como o ensilado, indicacións sobre os valores nutritivos óptimos e a eficiencia do millo na alimentación nas granxas de leite. Ademais, contrastaranse os diferentes parámetros dos campos de ensaio de Dekalb e de KWS Semillas Ibérica.
Estes días - do 26 ao 30 de setembro - tamén se está desenvolvendo a semana da esmelga e o longo dos meses de outubor e novembro haberá un obradoiro de hidromel e unha xuntanza de abelleiros.
Xa en outubro, concretamente o día 19, o Efa Fonteboa en colaboración co grupo Soaga - Sociedad Agrícola Gallega SL - organiza unha xornada de pratenses na que se tratarán temas como aspectos agronómicos da implantación de pradeiras, elección de sementes e controis fitosanitarios. As actividades continúan o 26 de outubro cunha xornada sobre as instalacións gandeiras nas que haberá diferentes ponencias sobre edificacións e benestar zootécnico e nas que os participantes visitarán unha granxa para analizar os aspectos relativos ao benestar e a tecnoloxía aplicada a este fin.
O mes de novembro estará adicado, en boa parte, á micoloxía. Así os días 4 e 5 realizaranse varias actividades nas que os cogumelos serán os protagonistas (roteiro, clasificación, degustación,...). Tamén do 21 ao 25 de novembro se celebrarán, en colaboración co BCF Technolgy, unhas xornadas de reprodución animal nas que se tratarán contidos como a inseminación artificial, o manexo do ecógrafo e os controis de reproducción.
Para o sábado 26 de novembro esta programado o Xantar Solidario. Ao igual que en anos anteriores este xantar forma parte das actividades de Sabor Emprendedor e pretende promocionar os produtos locais de calidade e fomentar a solidaridade. A recadación irá destinada a Cáritas Interparroquial de Bergantiños e a AIMFR - asociación internacional de Movimientos Familiares de Formación Rural - con motivo da xornada de solidaridade da AIMFR (axuda a proxectos en países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento).
En decembro continúan as actividades cun curso sobre recría de xovencas que será do 12 ao 16, en horario de 9 a 14 horas e que se fai coa colaboración de MSD Animal Health. Aquí trataranse temas como a atención ao parto e os primeiros días de vida, a organización do manexo (instalacións, alimentación, sanidade,...) e a xestión económica.
Xa o día 21 de decembro terá lugar unha xornada sobre xestión de vacún de leite analizando os puntos críticos nun modelo de produción sustentable: reducción dos riscos ambientais, valorización do capital humano, a xestión das compras de materias primas e estratexias de comercialización. Na xornada tamén se inclúe unha visita técnica a unha explotación.
Novas relacionadas
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- EFA-Fonteboa