Martes. 19.03.2024
El tiempo

Egueire aproveita a Cea Solidaria para contar como se desenvolven os proxectos creados en Costa de Marfil cos cartos da solidariedade galega

Cea Solidaria de Egueire en Cee
Desire Kouakou Tanoh falando na Cea Solidaria de Egueire en Cee
Egueire aproveita a Cea Solidaria para contar como se desenvolven os proxectos creados en Costa de Marfil cos cartos da solidariedade galega

Acción directa é a que propón a ONG Egueire, demostrando que as colaboracións que fan todos os seus socios, van directamente ao desenvolvemento de proxectos reais, proxectos que empoderan á cidadanía de Costa de Marfil. A ONG afianzada na Costa da Morte celebraba esta fin de semana a súa Cea Solidaria, na que máis de 150 persoas, ademais de poñer o seu grao de area, comprobaron como se desenvolven proxectos creados con cartos saídos da solidariedade d@s galeg@s.

O presidente da ONG, o párroco Desire Kouakou Tanoh aproveitou para agradecer a implicación da xente coa Ong e describiu a situación do proxecto agropecuario que se está levando a cabo. Un proxecto que comezaba xa en 2016 coa formación, durante 2 anos, de dous mozos de Costa de Marfil no EFA Fonteboa, e que se puña andar o pasado mes de setembro.

Construcción da nave no proxecto Agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH
Construcción da nave no proxecto Agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH​
reparto de semillas para iniciar os semilleros no proxecto agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VH
Reparto de sementes para iniciar os sementeiros no proxecto agropecuario en Costa de Marfil-Foto-VHSistema de regadio en Costa de Marfil-Foto-VH
Sistema de regadío implatado nos terreos de Costa de Marfil-Foto-VH
 

Tamén contou como evoluciona a Maternidade, que cumple o vindeiro mes de decembro dous anos dende a súa construción e que duplicou o seu plantel de traballadores neste tempo, sendo xa un referente para o estado aínda que queda moito camiño por percorrer na formación da sociedade africana.

Maternidad de Costa de Marfil-Foto-VH
Dous anos en funcionamento cumpliu xa a Maternité

Foi o ceense Víctor Hugo Conde, quen o acompañou o pasado mes de novembro a Costa de Marfil, o que tamén contou a dura realidade coa que se atopou, e a axuda que se está levando a cabo, a cal fotografiou e compartiu cos asistentes.

Na cea contouse ademaís coa colaboración de dous rapaces ceenses, Lucia e Gabriel, quen están a realizar un voluntariado coa ONG con motivo dun traballo escolar, que ten moitas cousas por diante.

Novas dos proxectos de Egueire

Comentarios