Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Eleccións Xerais #10N: O PP volve vencer na Costa da Morte

  • Varios veciños denunciaron o roubo de papeletas de varios partidos nunha mesa de Sardiñeiro.
  • O BNG volve ser a 3ª forza.
  • VOX, queda como 4ª e cambia posición cun afundido Cs.
Resultados dos votos na Costa da Morte destas eleccións Xerais 10N-Fonte: QPC
Resultados dos votos na Costa da Morte destas eleccións Xerais 10N-Fonte: QPC
Eleccións Xerais #10N: O PP volve vencer na Costa da Morte

Os resultados destas Eleccións Xerais do 10N na Costa da Morte van perfectamente paralelos ao acontecido no resto de Galicia. O PP volve gañar na comarca, como en Galicia, despois de que o pasado mes de abril o PSOE rompese cunha histórica serie de vitorias populares.

A distancia na nosa comarca entre ambas forzas é moi pequena, sendo de feito cada unha das dúas forzas a máis votada en 9 dos 18 concellos, e demostrando que o bipartidismo segue bastante presente. O único cambio resultou sen en Muros, onde os populares recuperaron o primeiro posto.

A nota máis salientable, así como no resto do estado, é o intercambio de papeis entre VOX e Ciudadanos. Vox colócase de feito, de 3ª forza en concellos tan dispares como Coristanco, Laxe, Santa Comba, Dumbría ou Muxía. Pero é certo que a formación de extrema dereita non conseguíu nin un dos seus 52 deputados en Galicia.

Eleccions Xerais 2019 Costa da Morte - Xerais 10N copia

O BNG volve ser a 3ª forza

Despois das últimas eleccións nas que as irrupcións de Podemos e Cs relegaron ao BNG á 5ª praza, este 10N devolve á formación nacionalista á 3ª praza, permitindo esa irrupción no Congreso cun deputado sacado na provincia da Coruña.

Roubo de Papeletas

Unha das situacións máis estranas vivíronse en Sardiñeiro, onde denunciaron o roubo de todas as papeletas de Vox e Ciudadanos, e algunha do PP (estaban todas metidas dentro da cabina e algún aproveitou para levalas) e a mesa tivo que esperar ata que chegasen novas papeletas, a pesar de que moitos veciños solicitaron que se paralizasen temporalmente.

Eleccions Xerais en Cee 10N 2019-Foto Rafa quintans
Votando esta mañá de domingo en Cee-Foto-Rafa Quintáns

Resultados en España

Resultados Eleccions Xerais 10 Novembro 2019-Espana

Resultados en Galicia

Resultados Eleccions Xerais 10 Novembro 2019-Galicia

Novas relacionadas

Comentarios