Domingo. 20.10.2019
El tiempo

En abril, augas mil

En abril, augas mil

Hai apenas 2 meses nos queixabamos, ecanrecidamente, da seca. I é que foron moitos meses sen choivas nunha zona como a Costa da Morte, é certo. Recordamos mesmo un artigo de Lorena Martínez Canosa do outubro pasado e outro deste comezo de abril, e ambos co imploro de que chova, que chova, que chova, pero que non mexen por riba de nós, que dirían os Quempallou.

Pero as cousas teñen cambiado nestes dous meses. As continuas choivas xa fan que escoitemos algunha queixa pola gris cor do noso ceo. Pero que queremos daquela? Facía falta chovia, pois toma dúas tazas.

Botando un ollo aos encoros, a cara máis visible da realidade pluviométrica, e notamos o cambio de tendencia.
A media dos encoros de toda Galicia a 29 de febreiro era dunha capacidade do 52.93%. O boletín hidrolóxico daquela situaba a capacidade do Encoro da Fervenza no 56.65%.
A día de hoxe, 8 de maio, Galicia xa está no 65%, e o Último Boletín Hidrolóxico de Augas de Galicia sinala que o Encoro da Fervenza está a un 78,64%.

De feito, nesta táboa da Ocupación do Encoro da Fervenza vemos que todo o mes de abril foi tremendamente chuvioso. Vemos como dende o 9 de abril, co pico máis baixo do ano, por debaixo do 50% de ocupación do encoro costeiro, comezou a recuperar ata o 78% que temos a día de hoxe. Un aumento no 30% da capacidade do encoro en menos dun mes que dá conta das mil chuvias do mes de abril (e a primeira semana de maio).

Así, podemos dicir que a cousa está case tranquilizada, pois hai un ano a ocupación era do 83,50% e a media dos últimos 10 anos a día de hoxe ronda o 75%.

DataOcupación do Encoro da Fervenza (%)
08-05-1278,64
30-04-1264,96
23-04-1257.27
16-04-1251.09
09-04-1249.47
02-04-1250.42
26-03-1252.83
19-03-1253.37

E a chuvia non para. Segundo Meteogalicia, outra entidade pública que sofre os recortes, apuna que como mínimo ata o xoves non veremos un raio de sol pola zona de Fisterra. Pero parece que a partir de aí a influencia anticiclónica farase sentir e nos deixará unha fin de semana soleada ata mediados da semana que vén.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios