Venres. 19.04.2024
El tiempo

En Marea pide a actuación do Estado para anular a moción de censura de Coristanco

En Marea pide a actuación do Estado para anular a moción de censura de Coristanco
Imaxe da moción de censura de Coristanco Imaxe da moción de censura de Coristanco

Aínda está moi viva a chama da rocambolesca moción de censura de Coristanco. A última valoración, despois de que o o PP asegure que vai abrir expediente administrativo aos 6 edís coristanqueses, chega dende o grupo de En Marea, tanto a nivel local, como nacional.

A nivel nacional, En Marea “demanda a actuación do Estado para anular o acordo ilegal da moción de censura” e para iso presentará “unha iniciativa no Parlamento de Galicia para instar ao Estado a levar adiante as accións para anular o acordo do pleno”. Fai referencia á Lei Anti-transfuguismo, ao incumprimento do art. 197 da Lei orgánica 2/2011, de Réxime Electoral Xeral.
Entenden que “este vergoñento capítulo na vida política do Concello de Coristanco e do país non debería de durar nin un día máis do necesario”., polo que tamén insta ao resto de grupos municipais a “presentación inmediata do recurso xudicial de tutela de dereitos fundamentais (a vía xudicial máis rápida, ao se preferente) por violación do art. 23 da Constitución española”.

A nivel municipal

A nivel municipal, Juan Carlos Abelenda recoñece o seu propio sentimento de “vergoña polo esperpento político no que se está a converter Coristanco”. Abelenda considera a moción como “unha manobra antidemocrática para que o concello volva a estar gobernado por quen foi alcalde durante 24 anos e sobre quen pesan numerosas imputacións por prácticas corruptas de diversa índole”.

Culpa, en parte, ao xa ex alcalde, Amancio Lavandeira, por considerar que “as súas actitudes dende a súa chegada á alcaldía foron un elemento fundamental para propiciar a moción de censura, xa que feitos como a súa ineficacia política, a súa aposta por seguir practicando políticas clientelares como o seu antecesor e a súa falta de transparencia e autoritarismo que tanto denunciaba na campaña electoral do 2015, fixeron que as veciñas e veciños de Coristanco se sintan defraudados co seu goberno e deste xeito facer que o Partido Popular se vise lexitimado para levar a cabo a moción de censura”.

En todo caso, Abelenda lembra tamén “os presuntos intentos de suborno que leva intentando facer o Partido Popular a distintas concelleiras dende o comezo da lexislatura para deste xeito volver a facerse co poder e así seguir lucrándose o Sr. Pensado e as súas empresas amigas a conta do concello”.

En Marea ten tamén palabras para o novo alcalde. “Xúrdenos a cuestión de se a aposta decidida de Abraham Gerpe por levar a cabo o fraude electoral que cometeu coa cidadanía de Coristanco, pactando a súa chegada á alcaldía co Partido Popular máis corrupto da comarca, cando él facía alarde de ser o abandeirado da rexeneración, está relacionado cunha posible aceptación dun suborno ou dalgún tipo de acordo entre ámbolos dous partidos, xa que resulta moi sospeitoso o feito de que os seis concelleiros do Partido Popular se pasen ao grupo dos non adscritos ao igual que Abraham Gerpe tras ser expulsado do PSdeG-PSOE despois de levar a cabo a moción coa que desbancaron a Amancio Lavandeira da alcaldía”.

Cabeza alta, máns limpas

O Grupo de goberno de TeGa marcha do goberno crendo que a xustiza vai devolver á normalidade esta situación de “caos” tralo “vergoñento pleno da moción”. Saen ademais coa “Cabeza alta e as mans limpas”.

 

A historia da moción de censura de Coristanco

Máis novas da política municipal de Coristanco

Máis novas

Fonte

Comentarios